Chega o bo tempo e o verán e chega a tempada festivaleira, e como tódolos anos para nos o comezo da mellor época do ano chega cun dos nosos festis favoritos, o UKP day, un festival de pequeno formato que cada ano tráennos os nosos amigos de O Gato cósmico e La 10ª Planta e que xira entorno a figura do ukelele.

O UKP day é unha proposta que naceu xa hai catro anos a raíz daquel proxecto do Ukelele Kit Project no que tres disciplinas totalmente diferentes entre si como son as artes plásticas, a música e o vídeo xuntábanse  nunha exposición dentro dun proxecto colaboracionista que presentábanos un panorama creativo galego alternativo: máis próximo, máis inmediato e máis espontáneo, sendo unha oportunidade única para coñecer o traballo de novos creadores cheos de talento entres os que estaban por exemplo Novedades Carmiña, Apenino, Pablo Lopez Blanco, Linda Guilala, Pelucas ou Edición Rusa.

Ukp Day é un festival para tódolos públicos, de corte familiar, que xunta nun só día diversas actividades que apostan pola difusión das novas tendencias contemporáneas e o fomento da creatividade dos máis pequenos. Ademais dos concertos exclusivos con ukelele, tamén se organizan outras actividades complementarias como exposicións, obradoiros infantís, intervencións artísticas, charlas, mercado creativo e feira gastronómica. Este ano o poderemos ver a artista Iria Fafián ilustrando en directo un ukeleles. Outro atractivo do festival é o espazo no que se realiza: o interior do castelo medieval de Ribadavia do século XI, un marco incomparable para un evento destas características e que busca resaltar o seu valor patrimonial.

Esta edición contará entre outros coas actuacións de Silvia Penide e Felix Arias, Mathilda, Rita Braga, Momboi ou a orqueste infantil de ukeleles Uke & the leles… botádelle un ollo ao programa e animádevos a comezar con nos a tempada no UKP! 😀

Raúl Bermúdez

Raúl Bermúdez

Responsable de Dot y fundador de Chachachá Studio, Raúl es polifacético e inquieto, siempre metido en proyectos y en ideas, siempre trabajando. Aunque hablando con él te das cuenta de que más que un trabajo es un hobbie, porque disfruta con lo que hace y nos hace disfrutar a los demás viendo los resultados. Lleva más de quince años vinculado al mundo del diseño y más de diez con su propio estudio dirigiendo Dot e ideando todos los proyectos vinculados como Mercadot, ilustradots, etc...

Responder

X