Creo que é unha cousa de sentido común que as persoas precisan descansar para non tolear, máis parece que cada vez esquecémonos máis de todo iso, o ocio e a relaxación chamábanno. O máis habitual agora mesmo nunha cidade grande de Galicia é ter que destinar o teu salario a vivenda, e ter que traballar en dous lugares diferentes (ou capitalizar o teu ocio) para poder atopar un fogar e unha independencia.

Deixamos de lado as nosas horas de sono para sentirnos un pouco vivas, para poder desfrutar dunha caña a última hora e de quedar cós colegas. Máis aló do físico, deixamos de lado a nosa saúde mental para atender todalas necesidades esixidas no siglo XXI (iso de beber 50 litros de auga, facer 20 horas de ximnasio e durmir chopomil anos). E todo isto para levantarnos todolos días sabendo que a tasa de paro para menores de 25 anos é de 28,74%,que o noso acceso á vivenda é limitado e que levamos vivindo unha crise tras outra dende que temos uso de razón.

Tenta ser unha persoa de 20 anos estudando/tentando estudarou traballando/tentando traballarno mundo creativo. Afogámonos en débedas con escolas privadas para ter as mellores titulacións, formámonos de todolos xeitos posibles, adicamos a nosa vida a crear e crear e crear (e a compararnos, compararnos e compararnos)… Para pagar unha cuota de autónomos prohibitiva ou ter que estar sucumbidos a postos de “traballos normais” que nos den de comer mentres desfrutamos de crear por outro lado. Ansiedade e depresión van da man para calquera xove creativa.

Agora fai a análise de que a principal causa de morte en menores de 30 anos en España é o suicidio, engádelle que unha porcentaxe altísima de menores de 15 anos que consumen psicofármacosen Galicia (15.000 menores). Moitas podemos ver nos nosos entornos creativos como a ansiedade consume as túas ganas e motivación para crear e tamén para crecer, e como as nosas amigas perden as forzas e as ganas cada certo tempo, para rexurdir cada vez máis preocupadas polo que será de nós.

 

Temos inspiración intermitentepara a vida, por desgracia non o temos tan sinxelo para poder sair, respirar, esquecer (temos unha cousa majísima no peto que nos lembra que todo o mundo que non somos nós leva esa vida perfecta 24/7)… Autoanálise autodestructivo é a nosa forma continua de vivir, cuestionar todas as nosas decisións 500 veces, darlle 50 voltas a unha mensaxe antes de enviala; non subir unha ilustración porque crees que vai ser moi tal, non sei que, horrible.

As redes sociais consuménnos.Dende o sentido máis literal da palabra. Cantas veces escoitaría “se é gratis é que nos somos o producto”, e no caso de instagram, twitter, tiktok e derivados é algo completamente real. Estamos atontadas por contido capitalista, compra isto, compra o outro, fai isto, fai o outro, ou serás menos que todalas demáis. Pero ademáis de sermos o producto, somos tamén unha figura pública coa que compararse, porque sí, non podemos mentir nisto, cada vez que atopamos un perfil artístico creativo que nos gusta tendemos a comparamos e presionamos, e aquí varios puntos:

  • É mellor que eu porque fai MÁIS.
  • É mellor que eu porque o fai MELLOR.
  • É mellor que eu porque o fai TODO.
  • É mellor porque eu son o pior.

Sería revolucionario poder crear unha comunidade de verdade, sen compararnos, sen fustigarnos por non ser iguais. Ser humanos sen a capacidade de atinxir absolutamente todo, e sentirnos ben con iso igualmente. 

Como persoas e obxetos de consumo debemos ser conscientes da nosa realidade e da realidade do noso arredor. É moi fácil xulgarnos a nós mesmesprivándonos completamente do contexto no que vivimos, pero temos que tomar conciencia de que os problemas, moitas veces, van moito máis aló do que podemos resolver. O único que podemos facer é ser críticos co sistema que nos rodea, darnos tempo á reflexión, loitar polos nosos dereitos e tentar ser un pouco felices nun mundo que arde.

Mariana Aravena

Mariana Aravena

Nací en el 97, en el limbo de millennials y centennials, mi superporder por ello es tener un humor que, por momentos, solo yo entiendo. Como todos los niños, pasaba el día con un lápiz y papel en la mano, La única diferencia es que nunca lo solté, y con el hago muchas cosas como dibujar, diseñar o escribir. Trabajo en el mundo del diseño y la ilustración, la gran consecuencia es que siempre juzgo los libros por sus portadas.

Leave a Reply