Londres, Tokio, Berlín, New York, París,… as suas rúas asemellanse tanto hoxe en día que se aparecésemos cos ollos tapados nunha delas e nese intre retirasen a badana non saberíamos identificar a urbe na que nos atopamos.

Sospeitamos que as multinacionais argallaron a forma de facer desaparecer o encanto de viaxar e visitar mercados improvisados en fábricas okupadas, e de disfrutar de remexer entre vellos vinilos no procura desa primeira edición do London Calling coa que vacilar no regreso.

As novas xeracións, as da Z, aburríronse da gentrificación dos barrios. A pesar da súa fame negra pola dixilitación das experiencias de consumo, ou grazas a ela, estanse a recuperar os mercados de barrio, demandando un produto local, sostible e alimentado pola economía circular.

Os que naceron co Smartphone como sexto dedo da man, fuxen do papel como das lapas, introducindo novos hábitos responsables co medioambiente, esixindo o emprego de materiás 100% biodegrables e desterrando o emprego dos antigos tíckets de papel a favor do tícket dixital.

Cantos tíckets tradicionais esquecidos no peto dos texanos 501 alimentaron as nosas lavodoras, desaperendo con eles a garantía das nosas compras ou ventas. Cos da Z, e os seus tickets dixitais, nunca se perderá a garantía aparexada a todo producto comprado. O único que se perderá será o uso de centos de toneladas de papel, co respiro que iso supon para o noso medioambiente.

Algo quedounos das multinacionais e case todos agradecemos un café para levar. Os novos, máis preocuados pola reciclaxe e o futuro, sérvense de ecoembases biodegradables, ou fomentan a reciclaxe dos envases que non o son. Pidense cafés ecoloxicos e de comercio xusto.

Aquí xa temos falado das novas tendencias nos mercados, coma o Mercadot, Moda na Rúa ou dos laboratorios comerciais, como por exemplo o de tecidos impulsado pola Universidade de Vigo,  con gran acollida polo público das novas demandas e tendencias. Atraídos polos novos deseños do talento galego, os novos mercados converten a compra en toda unha experiencia persoal do cliente, en ocasións a base de música, cañas e, con sorte, algo de Arte.

O talento galego debe estar á altura das novas demandas e as iniciativas para a dixitalización das empresas están atopando boa acollida por parte da Xunta de Galicia, que pon en marcha medidas coas que fomentar e impulsar a adaptación dos negocios locais ás novas experiencias de compra e a dixitalización do mercado.

Os tempos son chegados coa iniciativa Comercio 360, impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, ofrecendo axúdas a emprendedores e pemes, xunto con información sensible sobre as novas tendencias, nunha estratexia pensada a 3 anos vista, no marco do 2021.

A través de laboratorios comerciais sobre mentoring, comunicación e publicidade, ou marketing intelligence, e do análixe de casos de éxito xa coñecido, ofréceselle as pemes unha posibilidade de adaptar a súa estratexia de competitividade por medio dunha folla de ruta a prol do comercio moderno, diverso, igualitario e adaptado ao mundo dixital.

Adaptar o noso comercio local ás novas experiencias de compra dinamizará os comercios locais das nosas vilas, aqueles que se nutren do talento galego, catapultándonos á primeira liña da innovación.

A Administración persegue que a iniciativa Comercio 360 cheque o maior número posible de comercios galegos, interiorizando as novas tendencias de demanda gracias ao asesoramento facilitado, incorporando de maneira definiva a dixitalización no seu proxecto, adheríndose a plataforma do tícket dixital.

Da modernización dos nosos emprendedores pode que resulte que no ano 2021, teñamos que reescribir estas liñas falando de Vigo, Santiago de Compostela, A  Coruña, Pontevedra, Valga,…. como vilas de referencia das novas tendencias.

Óscar Gutiérrez Costas

Óscar Gutiérrez Costas

Nacido en la costa y atrapado por el mar. El salitre de Vigo ha marcado su visión del mundo. Solo lee entre líneas y piensa y repiensa los asuntos en sus visitas al Pizza Club. Nunca rechaza un duelo dialéctico, siempre que sea en buena compañía

Leave a Reply