A literatura galega goza do privilexio de contar cunha data propia para non caeren no esquecemento. Dende literarios medievais ata os fuxidos das fauces do fascismo foron pasando polo altar do 17 de maio en recoñecemento da súa obra. O esforzo de aqueles que sabían ler, e pregaban os castellanos de Castilla, que coidasen con agarimo dos desterrados, calou fondo na Academia.

Seica os nosos escritores contemporáneos non son dignos do 17 de maio. Pode que a Academia non os considere capaces de crear cultura galega de novo cuño.

Este ano o altar do 17 de maio pertence a Florentino Delgado Gurriagán, pechando un bucle no que semella que a cultura galega digna de homenaxe morreu o rematar a persecución fascista.

A reivindicación das nosas letras abrangue, en suma, aquelas obras escritas en lingua galega e que, ademais, recollan as notas da nosa identidades, da nosa forma de vivire. En definitiva, a nosa idiosincrasia.

Grazas a Academia non esqueceremos os nosos literarios de outrora e pouco coñeceremos os nosos contemporáneos. O que a Academia non conseguirá frear e o esvaecemento desas notas de identidade tan propias.

Hoxe en día resulta difícil toparse cunha Carolina ataviada cunha saia típica galega, calzando unhas zocas de madeira para ir a celebrar a matanza tan propia dos nosos pobos. Amargo resulta recoñecer que aquela forma de vivir hoxe pertence o folclore popular. Que custa moito atopar novelas contemporáneas que falen dunha identidade propia.

Aínda que pique nas feridas, non podemos negar que a nosa mocidade persegue os mesmos soños que calquera outra, mentres sorbe o mesmo café do Starbucks que o resto de mocidades. Esforzándose en aprender a lingua de Shakespeare en lugar de dominar a retranca de Castelao.

O que non quere dicir que deixemos de reivindicar a nosa propia cultura, o noso recoñecemento como nación histórica diferenciada. Pero faime dubidar da utilidade do nacionalismo aislacionista que fará que páguense máis aranceis aduaneiros por consumir os mesmos produtos e vivir as mesmas experiencias impostas pola tiranía das multinacionais.
Sen deixar de intentar facelos sempre coma galegos.

Óscar Gutiérrez Costas

Óscar Gutiérrez Costas

Nacido en la costa y atrapado por el mar. El salitre de Vigo ha marcado su visión del mundo. Solo lee entre líneas y piensa y repiensa los asuntos en sus visitas al Pizza Club. Nunca rechaza un duelo dialéctico, siempre que sea en buena compañía

Leave a Reply