Desde Galicia exportamos roupa, leite, viño, vehículos… con recoñecemento internacional, e o obxectivo é seguir diversificando tanto os países de destino como o tipo de produtos e servizos, consolidando deste xeito outros sectores como a industria cultural. Agora, coa nova Estratexia de Internalización, o reto é acadar en 2025 as 8.000 empresas exportadoras e os 25.000 millóns de euros de facturación.

A Xunta de Galicia ten aberto un programa de internacionalización con tres posibles camiños. Se aínda non te sintes preparado para dar o paso, o programa Fórmate Internacional pode ser o que buscas. Unha iniciativa de cualificación práctica e continua orientada á internacionalización. Tamén se facilitará a participación en feiras e encontros internacionais en materia de innovación e emprendemento.

Se xa tes claro o teu destino, interésache coñecer as Antenas, oficinas que acompañan ás PEMES galegas na súa instalación en países estranxeiros, das que xa están en marcha as de Shanghái, Miami, Casablanca, Cidade de México, Lima e Londres e se esperan aperturas en Dubai, Tokio, Brasil ou Corea do Sur.

Leave a Reply