Cando falamos de deseño temos na memoria moitos nomes recoñecidos de forma histórica pola súa labor nesta área. Por exemplo, algunhas persoas sinalan a figura de Castelao como un dos primeiros deseñadores da comunidade polas características da súa obra, e tamén podemos atopar nomes como Marcos Dopico, Pepe Barro ou Artur Galocha cando falamos nun contexto máis actual. Máis, qué grandes nomes de mulleres estamos deixando fora da mesa cando falamos de deseño galego? Existen moitos e canto máis avanzamos no tempo, máis recoñecidos e reivindicativos, ainda que quedan moitos a recuperar.

Mimina (Carmen Arias) 

Grandes casas como Sargadelos non terían sobrevivido sen a primeira muller que imos a sinalar, xa coñecida por moitas, Mimina, ou Carmen Arias, é unha das responsables de que a famosa empresa de cerámica continúe en pe a día de hoxe.

Mimina nace en 1921 en A Coruña, nun mes de abril, e dende bastante nova comezou a amosar o seu interese na arte, o cal a levou a estudar con outro famoso nome do momento, a pintora Dolores Díaz Baliño. Isto permitiulle avanzar na súa paixón artística, que levaríaa a comezar os seus estudos de Belas Artes (baixo a condición do seu pai de realizalos por libre). Tras o seu casamento con Isaac Díaz Pardo e dadas as súas tarefas como nai, non poido rematar os seus estudos, pero cando en 1949 comeza o grande proxecto de Cerámicas do Castro xunto ao seu marido, retoma a súa traxectoria artística baixo o encargo de realizar as decoracións das pezas da fábrica.

Isto marca un claro estilo nas produccións, e crea tamén a iconicidade tan memorable e xeométrica que atopamos no novo Sargadelos, que tantos recoñecemos con tan só un ollar, a día de hoxe moi presente na cultura galega. Cando o éxito da empresa foi maior, Mimina tamén foi a encargada de ensinar a decorar as novas traballadoras que chegaban á fábrica, axudando a afianzar esta imaxe gráfica. Xa en Sargadelos, foi a persoa encargada de comezar o obradoiro de xoiería, que achegaría pezas como pendentes, pulseiras ou torques a persoas que desfrutasen do seu clásico estilo decorativo.

Rita Fernández Queimadelos

O acceso a muller a universidade, ainda que permitido dende o ano 1910, era moi dificultoso por razóns sociais, ao final no momento o papel das mulleres era case exclusivo á crianza e á mantenza da casa.  As mulleres universitarias estaban representadas nun 2% en 1920, pero isto foi só o comezo, porque sen ela e as mulleres graduadas na súa xeración (e nesta especialidade) hoxe en día non teríamos a nivel nacionall nomes de coñecidas arquitectas como poderían ser Carmen Pinós ou Arantza Ozaeta.

Nace en 1911 en A Cañiza, e é a segunda muller titulada en arquitectura de España, sendo ainda así a primeira en exercer a profesión de arquitecta municipal. A súa figura marca un inicio para todas as mulleres adicadas a esta profesión a nivel nacional. Baixo o desaprobamento de persoas como ou seu pai e con o apoio da súa avóa por parte materna, Rita comeza a carreira no ano 1932, e por desgraza, o seu transcurso vese interrumpido pola Guerra Civil ata 1940, cando recuperáronse as clases con normalidade.

Comeza deseguido a súa labor na Dirección General de Regiones Devastadas (organismo que se adicaba a recuperación de localidades e edificios danificados polos desastres da guerra). Os dous proxectos máis destacados de Rita foron a rehabilitación do Patronato de Protección de la Mujer en San Fernando de Henares (1944) e a reconstrucción do Ayuntamiento de Fuenlabrada (1926).

Paula Ojea

Pero cando falamos de deseño non todo ten porque referirse a unha especialidade en concreta, a través da experiencia en diferentes campos deste mundo profesional podemos atopar fusións inerperadas que funcionan á perfección. Este foi o grande logro de Paula Ojea, que comezou a súa carreira como estudante de enxeñería.

Naceu no ano 1983 en Nigrán, pero depois de graduarse en enxeñería de camiños, canais e portos, marchou a traballar a Nova York como enxeñeira de estructuras. Dende pequena sentira atracción cara a cerámica (asistira a clases con Emilia Guimeráns), o cal a levou a montar o seu propio taller (Ojea Studio) depois de deixar o seu traballo nun estudo de enxeñería en Barcelona. Paula reflexa na súa cerámica dende as súas experiencias profesionais ata as súas experiencias persoais, creando así historias en cada colección, como podemos ver en Oceanic, pezas inspiradas nas paisaxes mariñas das rías baixas.

Grazas as características da súa obra, gañou no ano 2019 o Premio Nacional de Artesanía na categoría de Producto pola súa colección de cerámica Cut&Fold, que semella as dobreces do papel, case como origami, e na cal xoga coas perspectivas e cortes da peza que segundo a perspectiva, xeneran diferentes sensacións.

Yarza Twins

Pouco falamos de que o deseño salva vidas, e neste caso trátase da vida da Panificadora, unha antiga fábrica de pan abandonada en Vigo. Tamén é certo que cando temos creatividade multiplicada por dous, xorden resultados inesperados.

Isto foi o que ocorreu co grande evento que marcaría as súas carreiras, porque con 18 anos Eva e Marta Yarza comezaron unha recollida de firmas para salvar o edificio do centro de Vigo, a cal chegou a 5000 persoas.  Posteriormente (tras ver o estado de abandono do proxecto) fixeron unha imaxe gráfica imaxinando a Panificadora como un museo. Isto xerou unha grande reacción viral o cal transformou a súa idea en algo moi mediático, conseguindo así que o edificio fose declarado protexido.

Nadas en Vigo no ano 1988, e da zona de Travesas, Eva e Marta constrúen o estudo de deseño Yarza Twins, que atopamos en Londres. Pese a súa xuventude como estudio, traballan con grandes clientes (Smirnoff, Adida, MTV…) destacando tamén traballos como o redeseño da revista Neo 2. Recibiron o Premio Nacional de Diseño 2020 dentro da categoría de xóvenes deseñadores, o cal supuxo un grande avance e unha axuda á hora de transmitir seriedade como estudio. Dende ilustración a animación e pasando por tipografía, o traballo das xemelgas é moi variado, con carácter, orixinalidade e cheos de posibilidades.

 

A presenza das mulleres no deseño sempre estivo ahí, e igual que aconteceu co cine, probablemente descubramos a súa importancia nalgún momento, xa que existen investigacións ao respecto que poderán documentar a súa importancia. Recuperar nomes é recuperar  historia e tamén unhas das formas de honrar a todas as mulleres que viron antes ca nós, deixando un camiño que seguir, e tamén do cal saírnos.

Mariana Aravena

Mariana Aravena

Nací en el 97, en el limbo de millennials y centennials, mi superporder por ello es tener un humor que, por momentos, solo yo entiendo. Como todos los niños, pasaba el día con un lápiz y papel en la mano, La única diferencia es que nunca lo solté, y con el hago muchas cosas como dibujar, diseñar o escribir. Trabajo en el mundo del diseño y la ilustración, la gran consecuencia es que siempre juzgo los libros por sus portadas.

Leave a Reply