Moitas veces procuramos eventos de deseño en cidades grandes coma Madrid, Barcelona, Bilbao ou Valencia, e aínda que é verdade que son referentes a hora de acudir a actividades culturais, tamén é verdade que cada vez organízanse máis encontros en torno a creatividade en Galicia.
Como sei de primeira man que as veces é complicado chegar a esta información a tempo, vou a falar de algúns festivais, eventos e foros do mundo do deseño, creatividade e ilustración que podemos non coñecer aínda, e vos aseguro que paga a pena polo menos dar unha ollada ao que se fixo en diferentes edicións.
Algunhas delas son organizadas ou xestionadas por socies da DAG, algunhas por outras organizacións ou espazos. Para todas as que esperades un curso carregado de actividades, é mellor ir coñecendo algúns destes eventos xa de xa e non perder nada (e tamén estar moi atentes a próximos anuncios).
Algúns destes eventos celébranse de forma anual, outros non, pero se temos información de próximas datas actualizaremos esta pequena lista 😁
Foro de deseño FEED
Comezamos por un evento do que sí temos noticias! Depois da súa última edición no ano 2021 volta o 7º Foro de Deseño (celebrado de forma bianual). Unha oportunidade para profesionais e estudantes do mundo do deseño e a creatividade para atoparse na cidade de Santiago de Compostela. Está vez terá lugar entre o 3 e 4 de novembro, e contará con un programa completísimo cheo de actividades como charlas, mesas redondas, formaciones en formato seminario…
Este ano contará coa participación de persoas como David Galar de Thru Motion, Isidro Ferrer (deseñador gráfico e editorial) ou María Agra (deseño dixital).
Galician Design Week e Galician Design Weekend
GDW21 e GDW22 foron dúas edicións dun evento gratuíto que procura celebrar e acercar o deseño a un público amplio, e que ao mesmo tempo pon en valor o deseño en galego e feito en Galicia, abrindo así vías de comunicación co resto de comunidades que nos rodean e permitindo a existencia dun espazo onde aprender, intercambiar e escoitar a compañeiras de diferentes especialidades. Fotografía, arquitectura, deseño dixital, arte, ilustración…
Para este ano 2023 só sabemos que voltarán durante o mes de outubro, así que próximamente teremos un pouquiño máis de info sobre a proposta deste ano 👏
Crea – Xornadas de Arte e Deseño
Este ano 2023 a EASD Antonio Faílde celebrou a terceira edición das súas xornadas de arte e deseño, as Crea. Este evento celébrase en dous emplazamentos diferentes da cidade de Ourense, un deles sendo o Centro Cultural Marcos Valcárcel e outro a propia escola. Este proxecto actúa como ponte entre o alumnado e profesionais dos sectores creativos, ao tempo que da cabida a ponencias de diferentes personalidades do mundo das artes aplicadas e deseño, tamén como escaparate de todas as disciplinas ensinadas na escola.
É un evento de carácter bianual e este ano contou coa participación de Fernando Vicente (pintor e ilustrador), Francisco Fra (carpinteiro de ribeira), Francesc Rifé (deseñador de interiores), Manuel Estrada (deseñador gráfico) e Jaime Rodales (cineasta).
Festival Creativa
Este festival nace en 2023 co obxectivo de traer a creatividade en todas as súas formas á cidade de Vigo, para iso Creativa serviuse da colaboración con diferentes espazos (La Contenedora, Río Lagares, MARCO – Museo de Arte Contemporánea de Vigo – e Galería Maraca) e tivo lugar entre o 18 de abril e o 6 de maio.
Foi un festival de carácter gratuito, que acercou diferentes aspectos culturais a un público novo, creando así unha comunidade sen límites e un lugar de coñecemento aberto para todas. As súas actividades abarcaron dende charlas con diferentes persoas como Alberto Vázquez (director de Unicorn Wars), Javirroyo (ilustrador) ou Ana Gea de Revista Gráffica; ata exposicións, presentacións e talleres. ¡Esperamos que nos sorprendan de nuevo con la edición 2024!
Encontro do deseño galego
Nun ambiente un pouco máis íntimo atopamos un encontro moi especial que tivo a súa primeira edición en Rianxo no 2015 e que este ano 2023 tivo lugar na Casa – Museo Rosalía en Padrón (cuxo deseño museográfico foi feito por Pepe Barro). Un lugar amigable a acolledor que promove as conversas e debates da comunidade de profesionais do deseño, e que tamén sirveu como espazo de presentación da iniciativa AR/DE (Arquivo do Deseño Galego) , ademáis da presentación de diferentes proxectos de Novagarda, Abisal Studio, Paula Cantero de Origami e Slab.