Cando algo se fai con intelixencia e agarimo, nótase. Creo que nunca vin deseños tan orixinais coma os de O Diaño. Dende unha camisola adicada ás vellas pandeireteiras ata un deseño de Rosalía da súa portada de Motomami cunha máscara do entroido. Se algo se pode dicir de O Diaño é que é unha marca moi galega, unha marca moi do noso. O humano que se esconde detrás desta marca é Alex Baquero, un mozo de 21 anos natural de Tui.
Hola, Alex, para comenzar quero que me contes un pouco de ti.
Eu son Alex, teño 21 anos e son de Tui. Ao rematar o bacharelato marchei para Santiago para estudar Enxeñaría Informática na USC. O ano pasado rematei a carreira, e agora teletraballo de enxeñeiro de software.
Para o ano que vén gustaríame facer un master de deseño UX/UI e traballar deseñando visualmente páxinas web e aplicacións. Por outro lado, dende cativo encántame o mundo audiovisual, e levo afondando nel varios anos aprendendo pola miña conta o emprego de diferentes ferramentas de deseño, edición de fotos ou videos, etc. As que máis emprego son photoshop e Ilustrator.
Aprendín dun xeito autodidacta con videos en YouTube ou cursos online. Co que ía aprendendo facía proxectos de deseño, pero os resultados finais os gardaba para min por vergoña, jajaja. Pero cando decidín dalo paso, surxiu O Diaño.
Cómo xurde O Diaño?
Bueno, eu levaba na cabeza a idea de levar a cabo un proxecto así dende 2021 ou 2022, cando fun de Erasmus a Polonia. Estiven unha época facendo deseños, mais a inseguridade e a vergoña a ensinalos fixeron que a idea quedara moito tempo en ¨stand by ¨.
A idea do proxecto sorxe simplemente porque me apetecía vestirme en galego, e vía que ningunha marca mo permitía. A mediados do ano pasado retomei a idea para min, e fixen moitos deseños que conseguín levalos á realidade, pero eran para vestir para min. Ao empezar a levar estas camisolas cos diseños que eu creaba, o meu círculo de amigos comezou a interesarse por elas e empezaron a pedirme camisolas para eles. Eu estaba encantado.
Eles mesmos me animaron para compartilos nas redes sociais. Subín 5 deseños en camisolas e á xente comezoulle a gustar. A situa ión foi tan ben que mes e medio despóis saquei 5 deseños máis en suadoiros e unha totebag.
Estou moi contento coa situación e co proceso do proxecto. Ao final levo con isto soamente 3 meses e xa levo máis de mil cen seguidores en Instagram. Alegrome moito de que á xente lle gusten as cousas que fago. Non sei cómo rematará a cousa, mais polo momento hai moi boa resposta coa xente. O recibimento que tivo e que ten O Diaño e conseguir atreverme a amosalo meu traballo faime moi feliz.
Por qué se chama O Diaño?
Reamente, a pesares de que en Instagram o usuario sexa O Dianho, o seu nome orixinal é O Diaño. O problema é que en redes sociais non se pode usar o ¨ñ ¨ nos nomes de usuario. Igualmente gústanme as dúas formas, creo que o ¨nh ¨ dálle un toque bastante interesante.
O nome da marca surxe porque estaba buscando un nome para o proxecto e, unha das miñas cancións favoritas é Diaño de Baiuca, que tamén é o meu artista favorito. Tiña sentido e así lle puxen. Gústame moito a canción e o mensaxe que trasmite. Ademáis é un personaxe da mitoloxía galega e asturiana e me gusta moito a súa historia.
Cales son as túas fontes de inspiración e de información?
Diaño pode definirse na unión da tradición e cultura de Galicia coa creatividade. O proxecto basease na inspiración nesa cultura e lingua galega para a creación das prendas e dos deseños. Cada prenda ten unha mensaxe cunha temática diferente.
Para lograr todo iso emprego moitísimo a música. Consumo moita música a diario e o 90% desa música é en galego. As mensaxes que teñen moitas desas cancións sérvenme para crear ideas de deseños. Cando me veñen, as anoto nunha libreta.
A nivel visual creo que podería dividilo en dous:
Por un lado, no tema cor axúdame moito un libro que teño. Chámase ¨ A paleta perfecta ¨. Contén moitas referencias visuais que te poden axudar se traballas en proxectos de deseño gráfico. Trae tamén referencias culturais para as distintas cores, explicando ademáis a psicoloxía de cada cor, etc.
Se falamos da tipografía uso páxinas web coma Fontsinuse, que trae as últimas tendencias de diseño, fontes e demáis. Está moi ben organizada e se pode agrupar por temas. Para os deseños das camisolas axudoume moito, dábame referencias e inspiración visual.
Próximamente gustaríame grabar videos para TikTok explicando cómo é o proceso creativo dalgúns deseños porque creo que pode ser interesante e útil.
Dirías que O Diaño é unha marca 100% galega?
Eu definiría a O Diaño non só como unha marca 100% galega, senón que tamén é un proxecto que se enfoca 100% na difusión da cultura galega. O meu obxectivo é contribuir como unha canle de difusión da cultura da nosa terra e chegar ao maior número de persoas e colectivos posibles axudando e contribuindo a afondar no valor da identidade galega.
Contas xa con proxectos futuros?
Por agora conto con expandir e afianzar o máximo posible o actual proxecto de Diaño, conseguindo actuar plenamente como mecanismo de difusión da cultura galega a través dunha moda accesible e comprometida co imaxinario sociocultural galego.
Considero que Diaño xurdiu coma unha fusión das miñas inquedanzas persoais coa paixón que sempre mostrei polo mundo do deseño, permitindo expresarme dunha forma creativa e que contribuia a pór en valor a nosa cultura.
Estou tratando de afianzar máis o proxecto creando unha páxina web que permita facilitar o contacto coa xente e ofrecerlles un proceso de compra máis cómodo e sinxelo. Gustaríame tamén contactar con persoas con inquedanzas no mundo audiovisual para mellorala calidade visual do meu contido e poder chegar a máis xente nas redes sociais.
Moitísimas grazas, Alex.
Grazas.