O maratón fotográfico “Concello de Vigo” cumpre este ano 2020, a súa 25 edición, pero a pandemia que nos afecta modificou os plans que a AFG (Agrupación Fotográfica Galega) tiña para a celebración deste aniversario que teremos que celebrar o vindeiro ano.

Polo tanto a edición 2020 cambia do físico ao virtual e xa non haberá inscrición, xuntanza na saída, foto con concelleiro, reparto de camisetas, recollida de cd, non haberá categoría analóxica. Dado que non se pode garantir a seguridade sanitaria nun grupo de polo menos 120 persoas que habitualmente asisten.

As datas de celebración serán do 10-11 outubro de 2010 ao longo de 36h. Desta forma o maratón converteuse en virtual:

  • A inscrición é a través da nosa web.

  • A saída virtual será as 10h do día 10/10, na que se comunicarán por mail e RRSS os temas.

  • Haberá 36h para facer as fotos, antes eran 24.

  • A entrega de imaxes, que terán que ser enviadas por mail antes das 22h do domingo 11/10.

Coma sempre serán 4 temas os propostos, segredos ata o momento da saída e 4 as fotos que terá que presentar cada participante, unha por tema.

Coas obras recibidas se creará unha exposición, tamén virtual, nunha plataforma específica creada pola AFG. E tamén se fará unha exposición no museo MARCO, seguramente no mes de novembro coas mellores fotos.

A entrega de premios se celebrará no mesmo acto da inauguración no MARCO. Este ano aumentouse a contía dos premios quedando da seguinte maneira:

1º premio – 1.250 €

2º premio – 650 €

3º premio – 350 €

E 3 accésits.

O que suma un total de 2400 euros en premios, ademais de vales de compra dalgúns patrocinadores.

Para máis información e rexistro no concurso, visita o seguinte enlace.

Leave a Reply