O maratón fotográfico “Concello de Vigo” cumpre este ano 2020, a súa 25 edición, pero a pandemia que nos afecta modificou os plans que a AFG (Agrupación Fotográfica Galega) tiña para a celebración deste aniversario que teremos que celebrar o vindeiro ano.
Polo tanto a edición 2020 cambia do físico ao virtual e xa non haberá inscrición, xuntanza na saída, foto con concelleiro, reparto de camisetas, recollida de cd, non haberá categoría analóxica. Dado que non se pode garantir a seguridade sanitaria nun grupo de polo menos 120 persoas que habitualmente asisten.
As datas de celebración serán do 10-11 outubro de 2010 ao longo de 36h. Desta forma o maratón converteuse en virtual:
-
A inscrición é a través da nosa web.
-
A saída virtual será as 10h do día 10/10, na que se comunicarán por mail e RRSS os temas.
-
Haberá 36h para facer as fotos, antes eran 24.
-
A entrega de imaxes, que terán que ser enviadas por mail antes das 22h do domingo 11/10.
Coma sempre serán 4 temas os propostos, segredos ata o momento da saída e 4 as fotos que terá que presentar cada participante, unha por tema.
Coas obras recibidas se creará unha exposición, tamén virtual, nunha plataforma específica creada pola AFG. E tamén se fará unha exposición no museo MARCO, seguramente no mes de novembro coas mellores fotos.
A entrega de premios se celebrará no mesmo acto da inauguración no MARCO. Este ano aumentouse a contía dos premios quedando da seguinte maneira:
1º premio – 1.250 €
2º premio – 650 €
3º premio – 350 €
E 3 accésits.
O que suma un total de 2400 euros en premios, ademais de vales de compra dalgúns patrocinadores.
Para máis información e rexistro no concurso, visita o seguinte enlace.