Arte e tecnoloxía parecen vir de dous planetas distintos, dúas disciplinas que nin se tocan nin se miran, das que os seus eruditos non queren saber a unha da outra. Poderíamos dicir que ao principio desta historia son un pouco Romeo e Julieta: unha odia o pragmatismo da outra e a outra e imprecisión da primeira. Pero como calquera con dous dedos de fronte podería presaxiar os nosos Romeo e Julieta, arte e tecnoloxía, teñen un final feliz. E nisto ten moito que dicir a Xunta de Galicia, que fará de Celestina nesta historia lanzando o Cheque Dixital, unha liña de axudas para alinear o desenvolvemento tecnolóxico co crecemento cultural, abrazando o seu uso como unha ferramenta de chegada a máis públicos e convertendo unha primeira cita nun “si, quero” para toda a vida.

A iniciativa vai xa pola súa segunda edición, despois de axudar en 2020 a 1000 pemes e autónomos galegos na mellora da súa competitividade a través do uso da tecnoloxía, especialmente útil nos tempos que vivimos, que nos fan evitar o contacto e aumentar a seguridade. Aínda que as axudas están destinadas a calquera área do sector servicios, o cultural poderá beneficiarse en moitos aspectos. Por exemplo:

  • Na posta en marcha de tendas online, que che permitan vender na web o teu producto, ou ben crearte unha billeteira online, na que vender as entradas do teu próximo espectáculo. E se ademáis te permite almacenar os seus datos para comunicarlles os teus próximos lanxamentos?
  • Para adquirir un sistema de control de entradas na porta do teu teatro, cine ou sala de concertos, imprescindible cando os aforos están tan limitados.
  • Para instalar un sistema de streaming dos teus espectáculos, que permita a moita máis xente desfrutar dos espectáculos que programas ou do contido que creas na túa propia casa.
  • Para mellorar as ferramentas de teletraballo e que traballar cada un desde a súa casa non supoña unha perda de efectividade.

Xa estás convencida? Tes ata o 30 de setembro para solicitar o teu Cheque Dixital na web da Xunta, sempre que a túa idea supoña unha inversión de entre 1500 e 12000 € . 

Leave a Reply