Compostela, cidade histórica, fogar de peregrinos, estudantes, e turistas. Un lugar que no século XI da o grande salto como cidade de peregrinaxe, sendo o primeiro en percorrer o camiño Primitivo o monarca Afonso-II no século IX. Acompañando a historia, sempre atopamos a famosa cuncha de vieira, un elemento visual que tornou unha parte fundamental da historia gráfica galega, que terminaría representando a xenerosidade e sería un dos símbolos por antonomasia da ruta xacobea.

A cuncha de vieira agora acompáñanos ao longo de toda europa para representar albergues, hoteis,campings e servizos relacionados cos peregrinos. Además disto, atópase en diferentes brasóns nobiliarios, o cal tamén fai a peregrinación formar parte da historia dalgunhas familias (ainda que non todas están documentadas).

Existen moitas teorías diferentes arredor do símbolo. Que se a cuncha poido ser usada como un vaso de auga natural, que se podería ter sido unha representación simplificada da pata dunha oca ou que se usase como símbolo de resurrección e de superación do ego… Tamén se fala de que a cuncha de vieira foi usada como un particular souvenir que demostraba que aqueles peregrinos que percorreron o camiño, realmente o fixeron, convertíndose nunha especie de certificado de autenticidade natural. E depois das teorías veñen as lendas, infinidade de lendas. E como lendas, tamén é infinita é a cantidade de formas de representar a famosísima cuncha de vieira.

É así como comeza o proxecto de Alberto Rodríguez Pérez, un deseñador gráfico galego que comeza as súas andainas de recopilación gráfica sen ningunha pretensión no ano 2008, pero terminou creando un proxecto vivo e en continuo crecemento. Trátase dunha biblioteca gráfica que recolle máis de 110 representacións diferentes (e crecendo) deste símbolo, e que tamén podemos atopar en formato de libro para engadir as nosas estanterías. Grazas ao traballo de recopilación e de redebuxado podemos atopar, clasificados de forma clara decenas de símbolos. A clasificación vai dende as formas hasta o estilo, deixándonos así entrever a variedade de propostas que existen arredor do símbolo. 

Podemos atopar deseños famosos como a imaxe do Xacobeo, deseñada por Alberte Permuy en 2010 (á esquerda), usando un símbolo característico con unha composición particular para a famosa cuncha. Ao mesmo tempo tamén podemos ver outro tipo de propostas menos habituais como a realizada por Oceano Visual (á dereita).

A marca Compostela é polo tanto, un interesante recopilatorio e ao mesmo tempo, unha lembranza de que cando nos referimos a creatividad, existen centos de interpretacións e cabida a innovación, por moitos centos de anos que pasen.

Mariana Aravena

Mariana Aravena

Nací en el 97, en el limbo de millennials y centennials, mi superporder por ello es tener un humor que, por momentos, solo yo entiendo. Como todos los niños, pasaba el día con un lápiz y papel en la mano, La única diferencia es que nunca lo solté, y con el hago muchas cosas como dibujar, diseñar o escribir. Trabajo en el mundo del diseño y la ilustración, la gran consecuencia es que siempre juzgo los libros por sus portadas.

Leave a Reply