Xa levamos uns días encerrados e aínda nos quedan outros tantos… ¿xa esgotache o catálogo de películas e series do Netflix? ¿Xa te aburriche dos tutoriais de youtube sobre reformas que nunca farás? e o concerto diario do teu veciño DJ… ¿xa non é tan divertido, non? Tranquilidade, aquí recompilamos toda unha recua de actividades culturais das que podíamos desfrutar A.C. (Antes de Cuarentena) e que nos van a amenizar dixitalmente a espera ata mínimo as 8 da tarde, o noso momento favorito do día: agradecer a todo o persoal sanitario o gran esforzo que están a facer.

¿Sabías que podes visitar un museo sen saír da casa?  O Museo del Prado de Madrid lanzou a iniciativa El Prado contigo, onde ofrecen dende visitas virtuais ata ferramentas como unha liña do tempo para poñer as súas obras en contexto histórico. Pola súa banda, o Museo Thyssen permite realizar visitas virtuais a súa colección permanente; e o Reina Sofía, o maior centro de arte contemporáneo de España, tamén sigue funcionando a través das súas canles virtuais, onde ofrecen, entre outros contidos, 170 vídeos de exposicións presentes e pasadas, así como audios e cápsulas de radio, e numerosas publicacións colgadas na web que se poden descargar de balde.

Se pola contra eres un #DramaQueen e non podes vivir sen a túa dose de teatro, recomendámosche que visites a plataforma Teatroteca do Centro de Documentación de las Artes Escénicas y de la Música (CDAEM), que permite o acceso gratuito a 1.600 grabacións de espectáculos completos estreados en España dende os anos setenta ata 2018. Funciona como calquer servizo de préstamo bibliotecario e os usuarios teñen un prazo de dous días para ver cada obra.

Non só a través de canles oficiais senón que a nivel particular tamén xurdiron iniciativas moi interesantes, a do debuxante El Torres que compatiu no seu Twitter un enlace para ver online varios dos seus cómics de forma gratuíta; e na web El Vosque tamén ofrecen acceso de balde para todos a viñetas e tebeos. Pero tamén hai outras correntes artísticas que se están a mobilizar. Coa iniciativa Poesía En Tu Sofá buscan “combatir a corentena a ritmo de verso”, e o Cuarentena Film Festival que busca promover a cultura e a creatividade en torno a cortos cinematográficos de 2 minutos que gravan e editan os propios usuarios.

A nivel musical temos dúas grandes iniciativas para calmar as ansias dos máis festivaleiros. Por un lado o Cuarentena Fest, un festival con máis dunha trintena de artistas españois independentes que actuarán dende a súa casa: Cariño, Valdivia, Marcelo Criminal, Estrella Fugaz o Le Nais son algúns dos que xa se apuntaron. E se non te vai o rollito indie tamén tes a opción de consultar o cartaz de #YoMeQuedoEnCasaFestival, no que todas as fins de semana teñen un cartel con artistas máis populares como Los Vinagres, Beli Basarte, Basanta o Miquel Erentxun. Pero se eres un folkie e necesitas escoitar o mellorciño do tradi do noso país, non te podes perder o Ciclo Músicas de Sofá.

 

Xa ves, non tes excusa para andar dicindo que te aburres na casa. E é que aínda que nós estemos encerrados, a cultura non se pode poñer en corentena.

Leave a Reply