Que la palabra ‘gay’ signifique alegre y despreocupado puede que tenga algo que ver. ‘Gaudium’, gozo, en su origen occitano. La imagen que se ha construido de la homosexualidad, pese al empoderamiento del colectivo, parece situar a las personas en un papel estereotípico, un contrapunto cómico de la vida. Ismael Ramos se ha cargado al “viejo amigo gay” en un artículo para eldiario.es y aquí lo hemos hablado en un tono ligero.

Podríamos estar hablando de Europa, de tus poemas o de la Galicia profunda, pero estamos hablando otra vez del amigo gay. ¿No es un poco una mierda?

Si e non. Convértese nunha merda ter que falar de temas como este constantemente cando non tes opción de falar doutros temas. De feito, para min una das partes máis importantes do artigo era precisamente reivindicar a posibilidade de falar de ser o amigo gai, a violencia homófoba ou apps para ligar, e ao mesmo tempo do cambio climático, a crise económica ou a fatiga crónica na que está esta sociedade. E non é incompatible. Na sociedade na que vivimos é moito máis rendible aplaudir estes temas, agora falar disto colócanos nun privilexio. Pero é un privilexio que está dentro dun gueto, e iso é perigoso.

Te estrenaste en eldiario.es con un artículo con temática LGBT.

Pero unha cousa que tiña moi clara era que despois virían outras. O cal non quere dicir que cando non falo deste tipo de temas deixe de ser unha persoa gai. Aí é onde está a cuestión, podemos falar do que nos apeteza pero desde nosa propia perspectiva.

Pero tardaste cinco artículos más en abordar el tema. ¿Fue premeditadamente?

Non. Eu son moi mal articulista, nunca escollo os meus temas en base á actualidade. Fágoo en base a cousas que me pasan, non son capaz de escribir sobre algo se non me toca de preto. E isto dáme a posibilidade de expor temas. Pode ser que no próximo artigo escriba sobre o tema, ou non. Algo que eu defendo é falar de temas como o acceso á vivenda, que xa é complicado, pero ademais como é cando tes unha parella do mesmo sexo. Aí falo dos dous temas ao mesmo tempo, non só da homofobia.

¿Qué encierra el cliché del amigo gay?

Cando escribín o artigo quería falar de que ser o amigo gai é unha arma de dobre fío. Hoxe en día, eu mesmo podo chegar a xogar co cliché, unha parte da sociedade asumiu que os símbolos LGBT son mercadoría e dan un determinado status ou che colocan nunha posición. Iso está xenial, vale, pero que pasa cando tedes o voso amigo gai, sodes xente  progre, de mente aberta, e pola maneira heteropatriarcal na que se organiza a sociedade os vosos camiños empezan a separarse. No meu caso, a pregunta que había no fondo era: Esta persoa por que non pode ter unha parella monógama, ter fillos e seguir a senda do grupo se os seus dereitos permítenllo?

 

«O amigo gai e a solterona en realidade o que encerran sempre é unha posición de disidencia»

 

¿Y la respuesta?

Si, os meus dereitos permítenme facer iso, pero tamén facer todo o contrario. O «amigo gai» o que encerra é o asimilamiento dunha persoa do colectivo ao modelo dominante para non ser incómodo.

“Una persona del colectivo”, en realidad no tiene por qué ser un hombre gay.

Unha cousa moi curiosa que me pasou cando publiquei o artigo é que me escribiron mulleres para dicirme que elas sentiron igual nalgún momento. Eu relaciónoo coa figura da «solterona» do grupo. Son este tipo de  clichés que en realidade o que encerran sempre é unha posición de disidencia. O amigo gai, a solterona, que son tan divertidos, silencian  contradiscursos. É moi perigoso asumir que temos determinada visibilidade cando é falso. Pasa en política, se ti vas falar de dereitos  LGBT podes ser abertamente do colectivo e levar unha bandeira arco da vella na lapela, pero se es Ministro de Interior e es gai, ollo. Hai un problema. Moitos dos espazos de visibilidade que temos o son porque están comprados coa invisibilidade noutros.

Tu artículo viene a contar una especie de epifanía que tienes cuando te das cuenta de que en tu grupo de amistad te has convertido en esa figura del “amigo gay”.

A min custoume no último ano chegar a esa conclusión. Efectivamente, os meus amigos e o mundo colocáronme nunha posición á que levo resistíndome toda a miña vida. Escribíronme homes un pouco máis maiores que eu para dicirme que isto só vai empeorar: «Espérate a que tengan hijos». E eu o que lles contestaba, e aquí tamén, é que a cousa non vai empeorar. Ou si, pero desde logo, non van contar comigo se empeora. Eu estaba moi encabuxado, moi triste, e normalmente revólvome bastante.

Y tomaste la decisión de escribir.

Que isto estivese a pasar ata o de agora non quere dicir que teña que seguir pasando. Igual que houbo un grupo de xente encargándose de que se igualasen todos os nosos dereitos, nós temos que encargarnos de que podamos facer uso deles como queiramos.

 

«Eu non encaixaba nin dentro do cliché nin tampouco na vida dos meus amigos dentro deste modelo heteropatriarcal»

 

Tú mismo escribes que has bordeado la figura del amigo gay, siempre has tenido esa sombra detrás. ¿Es una lucha constante huir de los estereotipos cuando uno está concienciado?

Eu creo que un pode celebrar o estereotipo, ou cadrar ao 200% con el. O problema é que se ti móvesche nestes bordes, tes que ser consciente de que nalgún momento van empregalo para invisibilizarte. Se eu saio un venres pola noite e apetéceme ter máis pluma que nunca, escoitar música totalmente vinculada co colectivo e pasalo ben, teño dereito a facelo. Pero tamén teño que encargarme de deixar claro aos meus amigos que eu son iso, pero son outras cousas máis.

“¡A ti no te costaría nada conseguir una cita en Grindr!», te dice uno de tus amigos. ¿Esa es la imagen que se tiene de un hombre gay?

Algo que me daba moito medo cando escribín o artigo era que isto fose homofobia  interiorizada. Foi o primeiro que pensei, pero deime conta de que non. O que pasaba era que eu non encaixaba nin dentro do cliché, que é unha visión desde fóra do colectivo, nin tampouco encaixaba na vida dos meus amigos dentro deste modelo heteropatriarcal. Á mantenta do tema da promiscuidade, hai moita xente dentro do colectivo LGBT que está en contra pero desde unha posición de superioridade. E eu penso que que habería que tratar de abolir ese xuízo en parámetros de mellor ou peor, pode ser que non sexa homofobia pero desde logo que é parte da moral católica  interiorizada. Eu tento superar esas oposicións e ver onde me sitúo persoalmente.

 

«Recoñezo que durante moito tempo non fixen o que tiña que facer, porque tiña parella e era máis fácil camuflarme nesta estrutura familiar»

 

Me imagino que habrás recibido alguna respuesta.

Escríbenme moito máis para meterme caña que para felicitarme, pero aprendo moito. No artigo do éxodo gai, escribíronme moitos para facerme pensar no que pasa cando te quedas no teu lugar resistindo o éxodo, pasan os anos, e atópasche só. Faláronme dun éxodo sentimental. Cando sacas estes temas non só te pos diante do espello a ti, se non a moita xente que pensa que está ao facer ben. É un risco que asumo

¿Y merece la pena asumirlo?

Eu penso en cando imos deixar de ser amigos dese tío que durante anos insultouche ao berro de maricón. É incómodo abrir ese melón, pero hai que facelo. Evidentemente, todos os colectivos que están oprimidos teñen a responsabilidade de abrir eses melones. Aínda que tamén é moi canso, e hai momentos nos que decides non facer nada e está ben. Eu recoñezo que durante moito tempo non fixen o que tiña que facer, porque tiña parella e era máis fácil camuflarme nesta estrutura familiar. Alcanzas unha determinada estabilidade e decides expoñerche menos e é comprensible.

Me da la sensación de que esa figura del amigo gay fue un primer espacio de libertad que se ha quedado anclado en el tiempo, y ahora resulta ser una trampa. Se permite más vivir la identidad propia si es de esa manera.

Son ambas, si. Creo que está xenial usar os recursos que che dá o sistema para alcanzar dereitos, pero unha vez adquírelos tes que exercelos. A figura do amigo gai é unha trampa tamén porque é un refuxio. Algo que si que percibín é que pasa moito cando estamos solteiros. É máis fácil reivindicarche así que cun nivel maior de complexidade.

En el espacio público resulta más complicado manifestarse, relacionarse o ligar como persona homosexual. Y este cliché es un refugio para hacerlo de forma más explícita y “segura”.

Levo tempo pensando na necesidade de educar no respecto do desexo do resto. Que poidas mirar a alguén ou que alguén poida mirarche con desexo sen sentirnos ofendidos.

¿No te parece que la ficción tiene un poder abrumador para normalizar o relativizar conductas? Ha ayudado durante muchos años a construir la figura del ‘amigo gay’. Lo hizo Sexo en Nueva York pero lo siguen haciendo series como Modern Family.

Si, o tema é que mesmo cando se aborda máis libremente ou explicitamente é en base á promiscuidade xeral tipo Élite. É moi difícil atopar personaxes homosexuais, solteiros, cun traballo normal, por exemplo.

Bueno, está Mauri.

É que Aquí no hay quien viva é pioneira.

¿Y ha cambiado mucho la vida desde entonces? ¿Quedan más cosas por conseguir?

Fáltanos a parte máis importante, a máis difícil porque non ten que ver tanto coa esfera pública, aínda que temos pendente moito. Ten que ver co ámbito privado. Non é tanto como queremos que nos vexan senón non permitir certas actitudes cando nos ven. Non cargar a responsabilidade no que facemos nós, facelo no que interpretan os demais. Por que estades vós mirándome así?

 

» O que é esperanzador é que compartimos esta fatiga e batalla con outros colectivos»

 

Parece que todo a nuestro alrededor ejerce una presión o una violencia contra la forma en la que las personas homosexuales aman, se relacionan, viven.

Claro, pero só hai que ver a forma na que as persoas do colectivo revelan a súa propia identidade. No caso recente do futbolista Josh  Cavallo pódese ver, na música, a posta en escena, o dramatismo. É como un «o sinto pero…son isto». Non, nin o sinto nin pero nin nada. Todo o mundo está pensado para que calquera paso que deas sexa unha gran batalla.

¿Tú lo vives así en tu día a día?

Eu son profe con adolescentes, hai unha parte na que son a autoridade. E a min no patio segue habendo catro adolescentes que me gritan «maricón». E eu véxome forzado a ter talante e falar con eles, ou pasar, ou exercer a miña autoridade. É algo que sempre está aí. O que é esperanzador é que compartimos esta fatiga e batalla con outros colectivos. Ao final é algo  interseccional, cada día relacionámonos con persoas que son distintas que nós.

Entiendo que tu manera de vivir afecta incluso a algo como tu labor de profesor.

Normalmente non falo da miña vida privada, como escritor traballo con ela pero non falo abertamente dela. Non o fago agora que son profesor, non o facía cando era libreiro e non o fixen como responsable de comunicación. Co alumnado evidentemente non limito a miña realidade, nunha lectura ou un exemplo pode aparecer unha familia monoparental, ou dúas mozas que se bican, a vida que vexo.

 

«Que a túa educación transcorra nunha institución privada está a negarche moitas garantías»

 

Y tu orientación sexual, en el contexto actual, ¿no te hace más vulnerable como docente? Es decir, ¿acercar la realidad de esta manera al alumnado no genera conflicto con alguna familia?

Xa…non me interesa. O  adoctrinamiento que o fagan na súa casa, se se lles permite vivir de costas á realidade perfecto por eles. Pero a miña función é que se fagan preguntas e, por encima de todo, non se vulneren os seus dereitos, de ninguén. Nin os dereitos de liberdade de culto, por exemplo, pero tampouco os de expresar unha identidade sexual ou de xénero distinta. Bastante é que o Estado permita ás familias levar aos seus fillos a unha escola privada, eu non o permitiría. Un menor ten que poder ter á súa disposición todas as ferramentas, dereitos e garantías que a lei ofrece. E, evidentemente, que a túa educación transcorra nunha institución privada está a negarche moitas desas garantías.

Vamos un poco al salseo, ¿cómo se tomó tu grupo de amistades el artículo?

Tomárono como tiñan que tomalo. Igual que para min é moi canso ter que revolverme contra moitas cousas, imaxino que para eles tamén é difícil ter que poñerse diante deste espello cada certo tempo. Seguen aí, e iso é un logro tremendo. Aínda que haxa puntos nos que non estamos de acordo e, é máis, hai moitas actitudes que eles non van poder cambiar. Están dentro do mesmo sistema, e están oprimidos doutra maneira. É complicado, levárono ben.

 

«Estou convencido de que o privado é político, sempre crin que a política empeza no privado, nos afectos, no día a día»

 

Sacrificas parte de tu vida cuando haces estas denuncias.

Totalmente. A próxima vez que esteamos de festa e queira comportarme de certa maneira dirán «oe». É complicado, mesmo para min. Ás veces actúo dunha forma e teño que pensar se o fago por min ou porque a situación esíxeo.

¿Y eso no te hace cortarte?

Nunca. Desde hai moito tempo estou convencido de que o privado é político. Sempre crin que a política empeza no privado, nos afectos, no día a día. Non nas  macroestructuras da nosa sociedade, no máis pequeno. E como son consciente de que a min a sociedade non me deixa vivir tranquilo un segundo, creo que teño dereito con esas cousas tan pequenas a facer o que queira. Entón, se me apetece rebentar algo que teña que ver comigo, fágoo. Tamén é verdade que resulta máis sinxelo facelo público e despois falalo, e iso fixen co artigo.

Debe ser reconfortante entonces que sigan ahí tus amigos después de reventar la comodidad del grupo con un artículo así.

Tamén teño que recoñecer que perdes a xente polo camiño. Sempre que hai un conflito deste tipo hai un prezo a pagar.

¿Compraste esas flores y reuniste en una cena a tus amigos?

Non fixen nada de todo iso, o que me converte nunha persoa moi irresponsable. Unha vez máis. Pero fareino, e estou  hiper seguro de que será un dos temas desa cea. Téñoo claro. E seguro que teño a sorte de que pase o que pase nesa conversación, a cea terá un resultado idéntico, unha cea de amigos. O que se terá claro cada un é o sitio no que quere estar, e é a mesa na que estean os outros.

Leave a Reply