Durante os anos oitenta e noventa o mundo dos fanzines viviu unha auténtica explosión, este xeito de editar cheo de voluntarismo e liberdade sen unhas grandes necesidades orzamentarias foi perdendo o seu esplendor coa chegada do novo século para voltar, se cadra dun xeito diferente, nestes últimos anos. Autoras e autores moi diversos entre si empregan a autoedición para poder publicar as súas obras, individuais ou colectivas, sen precisar da figura dunha editora e sen ter que render conta a ninguén, e isto dá como resultado títulos arriscados onde a experimentación artística e formal teñen un peso importante. Como consecuencia desta nova idade de ouro dos fanzines agroman diversos eventos coa finalidade de recoller e expoñer toda esta creatividade independente, ao longo da xeografía galega e de todos ca coñecidos como o Autobán (A Coruña), o Au/Ou (Ourense) ou o No tengo mamá (Vigo), pero sobre todo o pioneiro foi o Grapo Grapo, as xornadas de autoedición deo Liceo Mutante en Pontevedra, qur agora, tres anos despois da sua derradeira edición volta con mais forza que nunca!

A estrutura do evento é ben sinxela: mercado de fanzines, tebeos, láminas, camisolas…; un par de concertos xeitosos; rifa final con toques de humor e pode que algunha actividade sorpresa. Pero xa vedes que non hai charlas, non hai mesas redondas, non hai xogos divertidos… É para estar pasando o rato, de tranks e de risas.

Participantes

Noche Líquida (GZ)
Santi Z (GZ/Portugal)
Alberto Cardona (GZ)
Nuria Figueiredo (GZ)
Montse Piñeiro (GZ)
Cosmonauta Tropical (GZ)
Teresa Ferreiro (GZ)
Pliegue (Illas Canarias)
Cynthia Alfonso (GZ)
Óscar Raña (GZ)
Fosfatina (GZ)
Afeite Al Perro (Madrid)
Natalia Umpiérrez / Berto Fojo (GZ)
Conxita Herrero (Barcelona)
Andrea Ganuza (Pamplona)
Toni Junyent (Barcelona)

Children of Corita (Mallorca)
Clank Estudio (Madrid)
Minia Regos / Belén Veleiro (GZ)
Pepa Prieto (GZ)
Te Vas a Morir (GZ)
Foster Ediciones (GZ)
Carne Líquida (GZ)
Cosas Zines (GZ)
Tayone (GZ / Barcelona)
Javier Fernández Pérez-de Lis (GZ)
Pilar Marcó (GZ)
Zulo Azul (Madrid)
Gran Madre Cangrejo (GZ)
Andrea Costa (GZ)
Sr Mu (Madrid)
Joel González (GZ)
Julia Roberts & friends (GZ)

Concertos

Tronco (Barcelona)

Venres 6 ás 21.00

Tronco é un dúo fraternal formado por Fermí e a debuxante Conxita Herrero. Facturan un pop acústico sen florituras, como de campamento ou de fogueira, cunhas melodías preciosas e unhas letras tan sinxelas como aplastantes. Ide aprendendo as súas cancións se non as sabedes xa e o venres cantamos todas xuntas.

Meus (GZ/Portugal)

Sábado 7 ás 21.00

Que queredes que vos contemos destes dous míticos? Alberto Cardona e Santi Z son dous grandes debuxantes, son moi queridos no Liceo e ademáis teñen un grupazo chamado Meus que sacou aí atrás un disco que é unha pasada, pura pasada, pura pasada ben pasada.

Leave a Reply