agosto, 2019

13ago9:00 pmNight ShadesGarage Punk9:00 pm Aturuxo Bar

más

Detalles del evento

Night Shades son un cuarteto con base en Londres pero formado en 2014 por unha parella procedente de Nova Zelandia. O seu son é unha combinación de garage punk e rock & roll que dá como resultado un son ruidoso, romanticamente escuro e inquietante, capaz de atraparte na súa enerxía ‘trashy’!

A guitarra de Clare gruñe, creando unha corrente de distorsión que baña as súas invocacións mentres o ritmo primitivo de Niall á batería e o baixo de Vince fan que todo retumbe coma se estivésemos perante o día do xuízo final.

En directo, Night Shades son capaces de arroxar sombra sobre a noite máis escura e desenterrar esa lápida que parece tapar desde hai tempo o verdadeiro rock & roll.

“Nos Night Shades atopamos un chisco de Nick Cave & The Bad Seeds nas súas cancións máis suaves e, nesta época de caos na música en directo, o que fai sobresaír a esta banda é que son algo novo e nostálxico ao mesmo tempo” (Jacob Milnestein, Gutless Zine)

—–
Entradas anticipadas á venda no local e mais en https://entradium.com/events/night-shades (sen gastos adicionais).
——

Horario

(Martes) 9:00 pm

Localización

Aturuxo Bar

Rúa de Pazos Fontenla, 59, Bueu

Responder

X