junio, 2019

15jun5:00 pmJazz na CaixaJazz5:00 pm Fundación Sales

más

Detalles del evento

10€ geral
8€ socios Eixo/ATC/Sales
Libre para nenos ata 14 anos

O Jazz na Caixa é um proxecto que pretende mostrar o jazz a través da aproximación física do público aos artistas, creando unha relación case íntima entre ambos.
No Jazz na Caixa os cativos están presentes, na primeira fila, como se estivesen en casa. O feito de ver cómo acontece a música en tempo real e tan perto, abre un canal de empatía coa mesma que, no caso da música menos óbvia e habitual, non se abre pola mera escoita dunha gravación ou mesmo nunha sala de espectáculos a 30 metros de distancia, sen sentirmos que o músico nos recoñece no escuro.

A Fundación Sales abriunos as súas portas para a experiencia do Jazz desta vez no Xardín.

En Vigo, pretendemos crear lazos entre o público galego e os músicos portugueses, e tamén entre o público galego e o público portugués que pretendemos levar desde aquí (Joane, Famalicão) para asistir a estes 3 concertos, cear cos músicos e asistir a unha Jam Session.

Concerto#1 BjazzChoir

Naceu en Xaneiro de 2013 como Coro da Escola de Jazz do Convívio, congregando elementos de varias profesións, oriúndos de Guimarães, Porto, Braga e Famalicão. O repertorio inclui varios standards de jazz, con arranxos orixinais para o coro e sen esquecer a vertente pedagóxica, que é un dos obxectivos do proxect). Ao longo deste período, o BJazz tense presentado en varios eventos e festivais.

Ana Silva, Rita Abreu, Carla Carvalho | Sopranos�
Soraia Lemos, Joana Nuno, Marisa Oliveira, Carla Silva | Mezzo-Sopranos�
Sara Pereira, Carla Castro, Suzana Costa, Alice Cachada | Contraltos
João Oliveira, Tiago Simães, Filipe Macedo, Manuel Tur | Tenores
Manuel Lemos, André Carneiro| Baixos
Alexandrino Fontes, João Guimarães Pinheiro| Barítonos�
Tiago Simães | Dirección musical

Concerto#2 Eixo do Jazz Ensemble

O Ensemble do Eixo, é um proxecto en construción desde o primeiro momento público da asociación. En 2017 o Eixo do Jazz encomendou a Diego Alonso, saxofonista galego e membro fundador, a creación e direción musical dunha formación composta por músicos portugueses e galegos para formar un ensemble no que a fronteira desaparecese. A formación vai evolucionando adaptándose ao evento, sempre coa premisa de traballar con músicos de ámbalas dúas beiras da fronteira.

Diego Alonso | Saxo Tenor
Javier Pereiro [GDJazz] | Trompeta
Joaquim Festas | Guitarra
Yudit Almeida | Contrabaixo
Zé Stark | Bateria

Concerto#3 Shaduf

Elementos de varios projectos reuníronse para formar Shaduf.​
Un proxecto dentro da World Music que amalgama a música de raíz tradicional con influencias do Jazz deixando espazo para a procura de novas sonoridades.
A música alíase á escrita de poetas portugueses, sendo o primeiro single, sobre o poema ‘O Avarento’ de João de Deus.

Catarina Valadas | Voz, frauta travesa
Paulo Barros | Piano
Albano Fonseca | Baixo eléctrico
Mário Gonçalves | Percusións
Hélder Costa | Produción, composición e arranxos

Jam Session coa presencia de mais de 30 músicos.

Estará tamén en exposición a colección de “Retratos do Jazz” do fotógrafo portugués Miguel Estima.
Unha colección de retratos fotográficos que Miguel foi realizando ao longo de algúns anos asistindo a concertos de Jazz galego e portugués.

Horario

(Sábado) 5:00 pm

Localización

Fundación Sales

Avenida de Europa, 52, Vigo

Responder

X