agosto, 2019

13ago(ago 13)9:30 pm14(ago 14)11:59 pmFestival de Jazz de MoañaJazz9:30 pm - 11:59 pm (14) Parque da Xunqueira

más

Detalles del evento

André Carvalho Group son os encargados de abrir o Festival de Jazz de Moaña esta edición. Será o día 13 de Agosto ás 21:30 horas.
Nado en Lisboa, André Carvalho é un contrabaixista e compositor, con sede en Nova York desde 2014, cuxa música é descrita por AllAboutJazz.com como de “suave beleza que te anima a repetir a escoita” e por Jazz.pt como “tan diversa coma coherente, que confirma canto ten este músico que aportar ó jazz ”.
Con tres discos baixo o seu nome, André amosa unha perspectiva moi persoal na música. Co seu terceiro álbum, que saíu en maio de 2019, “The Garden Of Earthly Delights”, o contrabaixista e compositor presenta un universo auditivo inpirado no enigmático traballo do artista Hieronymus Bosch, en particular un dos seus máis famosos cadros – ” O xardín das delicias terrestres ”. Carvalho escribiu unha suite de música que serve de invitación para unha viaxe. Cambiando entre suavidade e dureza, sinxeleza e complexidade, harmonía e conflito, a música flúe entre paisaxes sonoras inspiradas no tríptico.

O día 13 de Agosto, no Festival de Jazz de Moaña, teremos o pracer de escoitar a Kurt Rosenwinkel Standards Trío.
Kurt Rosenwinkel é recoñecido en todo o mundo como un dos guitarristas e compositores máis influentes das últimas dúas décadas. O seu legado como a voz da guitarra de jazz da súa xeración é evidente nos seus once discos como líder, cada un deles inspiración para lexións de músicos mozos e vellos de todo o mundo.
Neste proxecto, Kurt Rosenwinkel, está acompañado por Alexander Claffy, un dos novos contrabaixistas da escea neoiorquina máis cotizados do momento, e Gregory Hutchinson, descrito por Jazz Magazine como “o baterista da súa xeración” e un dos músicos máis respectados do noso tempo.

O 14 de agosto, o Festival de Jazz de Moaña comezará cunha sesión vermú, ás 12:30 horas no propio recinto do festival. O encargado de amenizar esta sesión será Antonio Otero co seu trío. Antonio Otero é un dos grandes saxofonistas e cantantes da nosa terra. Un trío con carisma e personalidade que nos levará polo terreo do jazz tradicional. Aquí podedes ver unha mostra do grande potencial deste músico galego!!

Na noite do 14 de Agosto, ás 21:30 horas poderemos desfrutar do Xan Campos Trío.
Xan Campos Trio é enerxía e jazz. Despois de máis de dez anos xuntos sobre os palcos, e tamén fóra deles, a banda non se etiqueta nin lles preocupa que corrente jazzística é a súa. Para a revista estadounidense All About Jazz son “como a sacudida do primeiro café da mañá”, eles simplemente pensan en experimentar e gozar da música xunto co seu público, sen medo a saírse da norma, nin rachar cos prexuízos.

Para rematar este repaso dos grupos da 3ª edición do Festival de Jazz de Moaña falaremos de Mayte Alguacil Quartet. Pecharán o festival o día 14 ás 22:45 horas.

Horario

13 (Martes) 9:30 pm - 14 (Miércoles) 11:59 pm

Localización

Parque da Xunqueira

Av. Xunqueira, Moaña

Responder

X