Os nosos amigo de O Gato Cósmico e 10ªPlanta tráennos unha nova edición deste festival, e xa van 3, desde que a partir de aquel proxecto do Ukelele Kit Project no que tres disciplinas totalmente diferentes entre si como son as artes plásticas, a música e o vídeo xuntábanse  nunha exposición dentro dun proxecto colaboracionista que presentábanos un panorama creativo galego alternativo: máis próximo, máis inmediato e máis espontáneo, sendo unha oportunidade única para coñecer o traballo de novos creadores cheos de talento entres os que estaban por exemplo Novedades Carmiña, Apenino, Raúl Bermúdez, Linda Guilala, Pelucas ou Edición Rusa.

Ukp Day é un festival para tódolos públicos, de corte familiar, que xunta nun só día diversas actividades que apostan pola difusión das novas tendencias contemporáneas e o fomento da creatividade dos máis pequenos. Ademais dos concertos exclusivos con ukelele, tamén se organizan outras actividades complementarias como exposicións, obradoiros infantís, intervencións artísticas, charlas, mercado creativo e feira gastronómica. Outro atractivo do festival é o espazo no que se realiza: o interior do castelo medieval de Ribadavia do século XI, un marco incomparable para un evento destas características e que busca resaltar o seu valor patrimonial.

O ukelele é un instrumento que colleu fama en Hawai pero que ten a súa orixe no cavaquinho portugués, de aí que a presenza de artistas do país veciño sexa unha constante dentro do programa de concertos e actividades, fomentando así a internacionalidade do propio festival e establecendo unha colaboración cultural directa entre Galicia e Portugal.

 

Así este ano poderemos difrutar dos concerto de Os Amigos dos músicos, a venezolana Yoyo Borobia, os portuguese L´mantra ou os galegos Os Novos, ademáis de outras actividades como obradoiros de ukelele, a intervención artística de Los Bravú ou un mercado de deseño e artesanía… o plan perfecto para comenzar a tempada de festivais!

Raúl Bermúdez

Raúl Bermúdez

Responsable de Dot y fundador de Chachachá Studio, Raúl es polifacético e inquieto, siempre metido en proyectos y en ideas, siempre trabajando. Aunque hablando con él te das cuenta de que más que un trabajo es un hobbie, porque disfruta con lo que hace y nos hace disfrutar a los demás viendo los resultados. Lleva más de quince años vinculado al mundo del diseño y más de diez con su propio estudio dirigiendo Dot e ideando todos los proyectos vinculados como Mercadot, ilustradots, etc...

Leave a Reply