Durante a miña longa etapa universitaria, estiven lonxe da miña cidade natal: Vigo. Cando, tras unha viaxe alén dos mares a vida me fixo volver, tiña medo. Temía, verdadeiramente, non poder satisfacer os meus intereses ocioculturais. Oito anos antes, cando deixara Vigo, a vida cultural que frecuentaba limitábase case exclusivamente ao panorama musical… e agora volvía con outros intereses.

Un dos motivos para deixar a miña peregrinación por Brasil foi que quería bailar e expresarme cunha linguaxe que coma mochileira non tiña cabida. Aterricei en Vigo un mércores e o venres estaba bailando swing. A miña sede non se aplacaba. Comecei a buscar. Nada. Botaba tanto de menos a miña casa artística de Granada… o meu fogar Vladimir Tzekov, onde Raquel Cruz me dera as primeiras ferramentas de danza contemporánea e unha dosis de enerxía inigualable.

Comecei a ir a clase con Swing On e… un día Elena dixo que as rapazas do 85C convidábannos a bailar a nós, mulleres, nun evento que facían de mulleres, entre mulleres, por mulleres. Emocioneime, ¡claro! Arte, iso é o que preciso. O día chegou e eu estaba contentérrima. Sentirme rodeada de artistas era coma volver ao fogar.

E alí, de pronto, entre todas aquelas féminas marabillosas, estaban elas. As rapazas de contem. Cando vin bailar a Clara Ferrao, sentín unha punzada nostálxica no meu estómago. Lembrávame tanto á enerxía de Raquel… Vibrei. A vida en Vigo tiña sentido. Agora si. Porque existía este colectivo, porque existían as mulleres xoves e loitadoras. Porque a enerxía de Clara era a de Clara pero era tamén a das demáis.

Non sabía nada delas, así que me fixen a pregunta que se facía todo o mundo: que cona é 85C? Si, unha talla de sostén. Pero… Informeime: tratábase dunha asociación de mulleres, amigas e artistas que no 2016 decidiran unirse para dar vida ao seu proxecto artístico. “Mulleres que xa non choran para mamar, non saben de axeonllarse e non queren vivir máis na submisión que alguén un día lles quixo impoñer”

Agora van pola terceira edición do Festival 85C, alén dos outros eventos que organizan. Nas súas propias palabras, “o festival xorde coma un evento con conciencia feminista.” Eu añado, como opinión propia, que así é todo o que fan: festival, eventos e as súas camiñadas persoais.

85C

“O que nos levou a materializar a nosa idea foi o feito de convivir durante anos nunha sociedade na que ser mulleres e artistas aínda é algo que molesta e que se pon en dúbida. Precisamos renomear a realidade e crear ambientes nos que se nos respecte como creadoras e profesionais. Dos centos de proxectos que existen na cidade, o que diferenza realmente a 85C é que buscamos un cambio na percepción do público a través dos espectáculos. Queremos dignificar o traballo na arte e conseguir que calquera persoa que se achegue a un evento marche del coa sensación de estar formando parte: sen público, non existimos. Hai tamén unha conciencia lingüística e é por iso que escollemos o galego como lingua vehicular das actividades. Nada do que se fai desde 85C é casual, tratamos de reflexionar sen perder a creatividade nin a ilusión.”

Este ano, visto o enorme apoio que dende as institucións públicas receben as iniciativas culturais na nosa cidade olívica, este colectivo de mulleres empoderadas, decidiu falarlle directamente ao público. Así iniciaron unha campaña de crowdfounding na plataforma verkami. Neste link podedes acceder á campaña. Alén diso, teñen tamén en liña un formulario de voluntariado, co que buscan mellorar o contacto coas persoas que queiran pasar a formar parte da Asociación de forma activa e con compromiso. Son persoas con vontade de mellorar o traballo e entenden que iso só se pode facer aumentando o equipo e facéndoo o máis heteroxéneo posible.

Eu non podo máis que agradecer a todas as mulleres que fan que a miña cidade non me teña expulsado de novo. Nesta ocasión falo de 85C, pero hai máis iniciativas marabillosas e necesarias coma o Festival Nun Local ou a Cultura contra a Pobreza, mais… disto falaremos noutra ocasión. Hoxe, falamos de mulleres, artistas, galegas. E hoxe, e ata o 22 de agosto, alento a todos os lectores a apoiar activamente que o III Festival 85C poda ser unha realidade. É fácil, so tedes que facer o voso mecenazgo.

Constanza

Constanza

Constanza es filóloga clásica, políglota, bicho escénico y amante de la literatura. Hiperactiva no diagnosticada, le fascinan las actividades que lleven implícita la creación, desde montar una obra de teatro hasta hacerse un vestido. Le gusta escribir en prosa, en verso y en caligrama. Profesora a tiempo parcial, expresiva a tiempo completo. Adicta a las artes escénicas y al swing, ama la música, escucharla, sentirla y moverse con ella. Su proyecto principal es Constance Hurlé, su alter ego artístico, a través del cual desarrolla un lenguaje directo, metafórico pero comprensible, contemporáneo a la vez que clásico.

Responder

X