marzo, 2019

24mar8:30 pmRuxe RuxeRock8:30 pm Aturuxo Bar

más

Detalles del evento

Ruxe Ruxe ocupan dende fai tempo un dos lugares de honra da música galega ao abeiro dunha historia musical e discográfica de calidade, de enerxía e de enxebrismo punk-rock con moitas pingas de folk.

“Ser de aquí e dun tempo” que diría Celso Emilio Ferreiro. “Rapaces da aldea máis non uns ninguéns” que diría Xosé Neira Vilas.

Sempre fuxindo das modas, do comercial do momento, do políticamente correcto e das zonas de confort para adentrárse acotío polos camiños das emocións, da coherencia persoal, das liberdades humanas e sociais e do orgullo cultural e lingüístico.

Polo rego do realismo máxico máis enxebre, enérxico e contaxioso levan todo este tempo compartido experiencias en escenarios galegos, estatais e incluso internacionais.

De Euskadi a Cataluña, de Milán a Azores, de Portugal ao estado Español e, por suposto, nos mellores festivais Galegos, teñen contado co grupo que sempre deixou gran pegada musical e persoal.

Neste curso Ruxe Ruxe continúan cheos de compromiso e desbordantes de actitude e honestidade, publicando material novo e xirando polos mellores escenarios, converténdose nunha das bandas históricas galegas con maior percorrido.

Entrada: 8€ ant. / 10€ bill.
Entradas á venda no local e mais en https://entradium.com/events/ruxe-ruxe-no-aturuxo-bueu

Horario

(Domingo) 8:30 pm

Localización

Aturuxo Bar

Rúa de Pazos Fontenla, 59, Bueu

Responder

X