marzo, 2019

22mar10:30 pmRed HouseBlues10:30 pm Aturuxo Bar

más

Detalles del evento

Red House é un dos grupos puntais dentro do blues estatal, e firme aval se o que se busca é diversión, calidade creativa e un potente directo sobre o escenario.

Red House é o resultado dunha longa experiencia e amizade entre Jeff Espinoza e Francisco Simón, nacido das inquietudes musicais de ambos, que os leva a explorar todo o ámbito de música de raíz americana.

Nacido no ano 1997 co debut do seu disco homónimo “Red House”. Prodigáronse nestes últimos anos con outros seis álbums máis: “Hold On”, “Red House Captured Live”, “Rattlesnake Road”, “Chihuahua Boogie”, “Red House Hits 1997-2012” e agora con “Red House & Friends” coas mellores críticas por parte da prensa especializada.

Remontándonos no tempo atopámonos aos seus integrantes formando parte de bandas tan emblemáticas como “Flying Gallardos” ou “Boogie Children” onde xa se adentraban en terreos de música de raíz americana ou fusión.

Froito daquelas vivencias hoxe en día Red House é o grupo idóneo onde ten cabida desde o funky-soul ata o hillbilly, pero sempre con ese “bluesy touch” que tan ben os define e caracteriza.

En definitiva, blues do século XXI para o afeccionado máis esixente.

Entrada: 10€ ant./ 12€ bill.

Horario

(Viernes) 10:30 pm

Localización

Aturuxo Bar

Rúa de Pazos Fontenla, 59, Bueu

Responder

X