VOLTA O FANZINE!
del 09/12/2016 al 10/12/2016 en SALIR DEL GHETTO, VIGO
del 16/12/2016 al 17/12/2016 en FUNFUNFUN, COMPOSTELA
Durante os anos oitenta e noventa o mundo dos fanzines viviu unha auténtica explosión, este xeito de editar cheo de voluntarismo e liberdade sen unhas grandes necesidades orzamentarias foi perdendo o seu esplendor coa chegada do novo século para voltar, se cadra dun xeito diferente, nestes últimos anos. Autoras e autores moi diversos entre si empregan a autoedición para poder publicar as súas obras, individuais ou colectivas, sen precisar da figura dunha editora e sen ter que render conta a ninguén, e isto dá como resultado títulos arriscados onde a experimentación artística e formal teñen un peso importante.Como consecuencia desta nova idade de ouro dos fanzines agromaron diversos eventos coa finalidade de recoller e expoñer toda esta creatividade independente, ao longo da xeografía galega cómpre falar dos distintos encontros organizados no Liceo Mutante (Pontevedra), o Autobán (A Coruña), o Au/Ou (Ourense) ou o No tengo mamá (Vigo). A todos estes engadimos dous que van ter lugar este mes de decembro e que non debes perder:

SALIR DEL GHETTO
A filosofía de "faino ti mesm@", volve por segundo ano a El Halcón Milenario, espazo artístico independente vigués. Os días 9 e 10 de decembro vaise encher de fanzines non só galegos, tamén haberá representantes doutros puntos do país para compartir ideas e novidades no mundo da autoedición, ata facer o total de 22 creadores que exhibirán os seus traballos.O propósito deste evento é mostrar a cultura e a accesibilidade na creación de fanzines, para isto vaise programar unha mesa redonda na que Elías Taño, Rubén Romero e Debelius compartirán as súas historias, coñecementos e amor polos fanzines. Como programación complementaria vaise impartir un obradoiro os días 13, 14 e 15 a cargo do ilustrador Elías Taño, onde se traballará a linguaxe do debuxo a través da gráfica social e política.O mercado vaise inaugurar o venres a partires das 20h e ata o sábado as 23,30h se poderá desfrutar do mundo da autoedición na súa pura esencia. Para dinamizar o evento haberá música en directo da man de Rnst Dj o venres, e da banda Casadella´s Style e Pálida aos pratos o sábado, día que pechará a banda de rock absurdo Es un Árbol cun concerto na Sala Mogambo.

FUN FUN FUN
Tamén por segundo ano regresa o Fun Fun Fun, o movidote de autoedición de Compostela, os días 16 e 17 de decembro. Terá lugar na Unitaria, o centro formativo e cultural autoxestionado situado no barrio de San Pedro, e nel terán cabida, ademais da evidente parte grafica representada no mercadiño de autores, outros eidos onde o do it yourself está a deixar exemplos abraiantes cheos de imaxinación e creatividade: no musical, nos videoxogos, no audiovisual ou mesmo na viticultura.As actividades comezarán na tarde do venres 16, coa presentación de diversos proxectos creativos seguidos dun divertido Quiz-show e unha posterior Videoregueifa protagonizada por Nico Campos, Enrique Lojo e Javi Camino onde mostrarán algúns dos vídeos máis bizarros atopados nos recunchos escuros da Rede.Ao día seguinte, amais do devandito mercadiño onde distintos autores, autoras e colectivos exporán e venderán as súas obras (maioritariamente gráficas -fanzines e ilustracións- pero tamén procedentes doutras disciplinas), haberá varias actividades moi interesantes que darán comezo coa Sesión Vermú Lodeiros na que actuará o inefable dúo Alféizar. De seguido César Souto e Cora Peña (responsables, respectivamente, de Os dias afogados e Tesouro de Corcoesto) falarán da autoedición documental moderados polo director Alfonso Zarauza. A continuación, e tras unha sorprendente cata de viños, Jorge Peral tratará a creación de videoxogos dende a perspectiva autoeditada. E para rematar con esta intensa tarde o artista Pancho Lapeña tocará no seu relatorio distintos xeitos de creación artistica. Pola noite, e como peche do Fun Fun Fun, chegará un dos intres máis agardados: un espectacular Combate de Debuxantes onde oito talentosos guerreiros e guerreiras do rotulador competirán entre si amosando o seu talento e a súa rapidez mental.
compartir en facebook
compartir en twitter
Bookmark and Share
PUBLICADO POR Dot: el 10/12/2016
Agenda, Arte, Ilustración, Literatura, Tendencias

La revista Dot: nace como una necesidad de dar a conocer lo más relevante en el panorama artístico y cultural de Galicia. Una guía útil, pero sobre todo eficaz, para los que viven aquí y los que vienen por primera vez, cuya intención es dar a conocer todo lo que se puede hacer y en dónde se puede hacer.  Cada dos meses, os presentamos en una tirada en papel de 12.000 ejemplares distribuidos en casi 1000 puntos de distribución ... leer más

Suscríbete a nuestro boletín semanal y recibe nuestras recomendaciones semanales en tu correo
A Coruña | Ourense | Pontevedra | Santiago | Vigo
DOT MAGAZINE © 2017 · Todos los derechos reservados · Dot: está editada por ChaChaChaStudio | Aviso Legal | Panel de redactores
Irmandiños 8, 4ºA, 36201 Vigo (SP) | T. +34 692 140 602 | info@dotgalicia.com