UKP day
el 04/06/2016 en DESDE 12:00, CASTELO DE RIBADAVIA
Recordades que fai un tempo falamosvos do Ukelele Kit Project?
Un proxexto que viña da man dos nosos amigos de O Gato Cosmico e que unia a 10 ilustradores galegos, xunto a 10 bandas e 10 realizadores de video q intervenían, tocaban e rodaban 10 ukeleles. Un proxecto que encantounos dede o principio e que agora continua con este UKP Day. Un Festival de Música, Arte e Gastronomía que vai ter lugar o 4 de Xuño dentro do Castelo de Ribadavia e que ten como nexo de unión de tódalas actividades o ukelele.

O Ukp Day vai ser un evento dun só día, de carácter diurno, de balde e para tódalas idades.

Actividades:

1. MÚSICA:Concertos de Birds Are Indie, Gentleman Clef, Juan Rivas aka DJ, Ukestra do Medio, Helen & Shanna, Marem Ladson, e sesión Dj Afterparty de Isaac Pedrouzo (Café & Pop Torgal).

2. ARTE:Exposición Day#1 de Pablo López Blanco, Xpoficial de Festival Arteficial Ribadavia, Intervención artística en directo do ukelele nº11 por David Sierra e Mercado Ukp de ilustración , fanzines, vinilos, moda, etc.

3. GASTRONOMÍA:Pulpeira de O Carballiño máis postos de comida de: A Saia da Carolina, La Gustosa e La Mangette pizzaria.

4. OBRADOIROS para nenos a partir de 6 anos. Obradoiro 1 "deseña, monta e decora o teu ukelele de cartón", Obradoiro 2 "Crea a túa corona hawaiiana". Inscrición en info@ukpday.com

5. CHARLA Xestoras Culturais do Alternativo. Ponente: Mercedes Pose (Desconcierto Cultural), Mónica Mejías e Elena Sánchez (CORREVEYDILE), Clara Rodríguez Cordeiro (7H Cooperativa Cultural) e Anxela Baltar (BALA, Nave 1839).Patrocinan: Concello de Ribadavia, Deputación de Ourense e Festival Arteficial Ribadavia.Colaboran: San Miguel, Doppler Gestion Cultural, Bodegas Lodeiros, Reboreda Morgadio, Rebusca 46, Festa da Istoria e Restaurante A Quinza.
compartir en facebook
compartir en twitter
Bookmark and Share
PUBLICADO POR Dot: el 31/05/2016
Agenda, Arte, Música, Gastronomía

La revista Dot: nace como una necesidad de dar a conocer lo más relevante en el panorama artístico y cultural de Galicia. Una guía útil, pero sobre todo eficaz, para los que viven aquí y los que vienen por primera vez, cuya intención es dar a conocer todo lo que se puede hacer y en dónde se puede hacer.  Cada dos meses, os presentamos en una tirada en papel de 12.000 ejemplares distribuidos en casi 1000 puntos de distribución ... leer más

Suscríbete a nuestro boletín semanal y recibe nuestras recomendaciones semanales en tu correo
A Coruña | Ourense | Pontevedra | Santiago | Vigo
DOT MAGAZINE © 2017 · Todos los derechos reservados · Dot: está editada por ChaChaChaStudio | Aviso Legal | Panel de redactores
Irmandiños 8, 4ºA, 36201 Vigo (SP) | T. +34 692 140 602 | info@dotgalicia.com