"RETOMANDO A PALABRA" CON DAVID RODRÍGUEZ


"Retomando a palabra" co subtítulo "Das guerras culturais ao crac financeiro" é un libro sobre reflexións, opinións que o escritor vigués David Rodríguez ven publicando no seu lúcido blogue O Funambulista Coxo entre Xuño de 2007 e Outubro de 2009. Este blogue é un dos referentes galegos desde o ano 2005 (no que botou a andar) en canto a análise política, cultural e social. 

 

Detecta e aborda con mestría as causas desta crise nun momento no que moitos non atinaban a ver e cuestiona o cambio de goberno na Xunta de Galicia en 2009. 

 

Cunha linguaxe áxil e precisa entra nos labirínticos e entrincados aspectos económicos e analiza as súas consecuencias sociais dunha forma que o máis común dos mortais pode comprender.

 

Grande libro, grande blogue e grande pensador que a editora Estaleiro nos fai chegar en formato impreso. 

 

Un soplo de aire fresco ante un panorama desconcertante, frustrante e cheo de situacións que saen de realidades e accións completamente noxentas.

 

Hai que lelo!

 
compartir en facebook
compartir en twitter
Bookmark and Share
PUBLICADO POR Jose Angel Lopez el 13/11/2012
Literatura

La revista Dot: nace como una necesidad de dar a conocer lo más relevante en el panorama artístico y cultural de Galicia. Una guía útil, pero sobre todo eficaz, para los que viven aquí y los que vienen por primera vez, cuya intención es dar a conocer todo lo que se puede hacer y en dónde se puede hacer.  Cada dos meses, os presentamos en una tirada en papel de 12.000 ejemplares distribuidos en casi 1000 puntos de distribución ... leer más

Suscríbete a nuestro boletín semanal y recibe nuestras recomendaciones semanales en tu correo
A Coruña | Ourense | Pontevedra | Santiago | Vigo
DOT MAGAZINE © 2017 · Todos los derechos reservados · Dot: está editada por ChaChaChaStudio | Aviso Legal | Panel de redactores
Irmandiños 8, 4ºA, 36201 Vigo (SP) | T. +34 692 140 602 | info@dotgalicia.com