Ourense ICC Week, ponte entre Galicia e a Cultura
del 02/05/2017 al 07/04/2017 en ICC WEEK, OURENSE
A III Edición do Marco das Industrias Culturais de Ourense traerá á nosa comunidade aos principais referentes culturais, tecnolóxicos, audiovisuais e musicais do país. O evento, que continúa na súa tarefa de crear novas conexións entre a comunidades creativa, comezará o 2 de maio nun acto inaugural que xirará arredor da Cultura e creatividade como valor nos territorios e contará con Javier Rioyo -director do Instituto Cervantes de Lisboa, cineasta xornalista e escritor- e Elsa Punset -escritora e divulgadora- como ponentes, para culminar cun concerto de Depedro no Teatro Principal.

Ao longo da semana debaterase en diversos lugares da provincia sobre a industria musical, a gastronomía, o audiovisual, internet, as novas tecnoloxías e os retos culturais en Galicia como focos principais. A industria da música e os seus axentes estará representada polo xornalista Javier Becerra, que moderará un encontro Miqui Puig -compositor e cantante-, Almudena Palacios -cofundadora e coordinadora de ¡Queremos entrar!-, Daniel Sanchís -Brand Ac Director en M&C Saatchi- e Patricia Hermida -presidenta de MMF Spain. El Langui tamén ofrecerá unha masterclass sobre produción musical e o produtor Carlos Jean será o protagonista dun relatorio no que exporá como a creatividade é capaz de solventar problemas.
O audiovisual contará con ponentes como Concha Fontenla e Oliver Laxe, un dos seus máximos expoñentes na actualidade tras gañar o Gran Premio da Semana da Crítica do Festival de Cannes co seu último filme “Mimosas”. Laxe ofreceralle ao público unha travesía por este filme e o seu percorrido, mentres que a produtora audiovisual Concha Fontenla afondará no mundo audiovisual, o cine, a televisión e internet dende a perspectiva da produción.

Para afrontar a tarefa de analizar os principais retos da economía colaborativa e analizar a fotografía ante a nova economía do coñecemento visitarán a ICC Week Pako Rodríguez -Ouishare-, Fran Rodríguez -director da ESEI do Campus de Ourense-, Xosé Lois Vázquez -director do Outono Fotográfico-, Javier Gutiérrez -director xeral VEGAP- e Jaime García Cantero -director xeral de contidos de El País Retina-.

Ademais, Galicia tamén será a protagonista absoluta dunha xornada adicada a xestión cultural na nosa comunidade, que se dividirá en dous bloques iniciais: un que afondará na actividade na provincia de Ourense que estará moderado por Alberto García -técnico de Cultura do Concello de Boiro-. Nel tomarán parte iniciativas nas que entra en xogo o patrimonio e a convivencia na xestión cultural, como Espacio Matrioska, Vivir Vilamarín ou Sende, e unha das actividades culturais e de ocio referentes na provincia, a Miteu (Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense, en representación da que asistirá o actor Fernando Dacosta. Alén disto, nun segundo encontro estarán representados varios festivais do país de variadas disciplinas e contará como moderador con Sergio Lago. Entre os ponentes atópanse Ángel Sánchez - do Play Doc Tui-, Alfonso Pato -do Festival de Cans-, Raquel Rivera -do FASE (Festival de arte sonoro español) de Berlín-, Matilde Rodríguez -de O Gato Cósmico e a Maker Faire Galicia- e Piti Domínguez -de O Marisquiño-.
 
Súmase esta parte da programación ás actividades que xa anunciara con anterioridade a organización para esta edición como a mesa gastronómica á que asistirán Alfonso López -Recetas de rechupete-, Pepe Solla -Casa Solla-, Javier Olleros -Culler de Pau-, Mónica Escudero -El Comidista-, Julio Sotomayor e Daniel Guzmán -Restaurante Nova- ou a ICC Technium, unha Lan Party que se celebrará dentro do marco da ICC Week e epartirá máis de 4.000€ en premios ademais de contar cunha zona de ocio, actividades, charlas, conferencias e torneos dos principais e-sports (League of Legends, CS:GO...), tanto e PC como nas distintas consolas. 
 
ICC Música
A industria musical convértese nun alicerce fundamental nesta edición da Ourense ICC Week. Coa finalidade abrir o abano de estilos e ofrecer unha proposta rica e variada ao público, a organización artellou unha programación musical do máis ecléctica e con destacados artistas do panorama musical actual.

Se ben a xornada inaugural do evento, contará coa actuación de Depedro, o proxecto musical de Jairo Zavala, a clausura tamén contará con música co seu xa habitual ICC Fest, que terá como protagonista nesta ocasión ao artista internacional Juan Magán, produtor, cantante e remixer español de música electrónica con gran sona internacional.
Nesta edición asistimos tamén ao nacemento dunha nova proposta, os "ICC Show", concertos despois das ponencias e actividades que ofrecerá a programación da ICC Week para que sirvan como punto de encontro entre a comunidade.

Acollida por este formato, o mércores 3 de maio chegará a Ourense unha nova versión da música de The Beattles da man de The Funkles, unha banda tributo de orixe galega que reinventa en cada concerto as cancións da formación de Liverpool. O venres 5 en en sesión vermú, os Xardíns do Padre Feijoo serán testemuña das luminosas melodías e coloridos sons de guitarra de Bigott e entenderán por que os dous novos álbums de Malandrómeda, "Os corenta e oito nomes do inimigo" e "Cada can que lamba ou seu carallo",  foron elixidos discos nacionais do ano ex aequo na lista que publicou o pasado mes de xaneiro a revista Rockdelux.
compartir en facebook
compartir en twitter
Bookmark and Share
PUBLICADO POR Dot: el 28/04/2017
Agenda, Música, Tendencias

La revista Dot: nace como una necesidad de dar a conocer lo más relevante en el panorama artístico y cultural de Galicia. Una guía útil, pero sobre todo eficaz, para los que viven aquí y los que vienen por primera vez, cuya intención es dar a conocer todo lo que se puede hacer y en dónde se puede hacer.  Cada dos meses, os presentamos en una tirada en papel de 12.000 ejemplares distribuidos en casi 1000 puntos de distribución ... leer más

Suscríbete a nuestro boletín semanal y recibe nuestras recomendaciones semanales en tu correo
A Coruña | Ourense | Pontevedra | Santiago | Vigo
DOT MAGAZINE © 2017 · Todos los derechos reservados · Dot: está editada por ChaChaChaStudio | Aviso Legal | Panel de redactores
Irmandiños 8, 4ºA, 36201 Vigo (SP) | T. +34 692 140 602 | info@dotgalicia.com