OS PROBLEMAS QUE CRECEN
del 01/03/2013 al 16/06/2013 en CGAC, SANTIAGO DE COMPOSTELA.
Dende lonxe, as novas sobre a terra chegan como ecos que se deben de cazar ao voo. É complexo para min estando lonxe, adicar a Dot e á cultura galega todo o tempo que se merecen. En parte, penso que se debe a que tampouco podo desfrutar dela debido á lonxanía e non quero recordarmo máis a min mesma.
As creacións e manifestacións artístiscas que se xeneran nun lugar, a pesares desta globalización na que vivimos, son e serán sempre moi propias. A cultura, as tradicións, as maneiras nas que as persoas se relacionan...Sexa quizáis a nosa terra, punto moi concreto e característico,onde todo isto se percibe de maneira máis clara e obxectiva. Pode ser debido ó illamento que sempre padecimos, á nosa lingua propia e costumes, pero bendito illamento e bendita choiva. Por iso me agradou tanto acabar de ler agora na páxina do CGAC -que sí, segue vivo-  a próxima inauguraión e presentación das obras de recente adquisición para os fondos o vindero 1 de marzo e que poderemos desfrutar ata o 16 de xuño. O texto da web -una especie de editorial xornalística case-  levanta  a man para poder falar e dicir que todavía está aquí. A mantenza de institucións museísticas fundadas en épocas de desmesura e idílica bonanza convértese agora nun lastre que alonga períodos de exposición nas salas. Pero aquí, o CGAC alza a voz propagando que segue vivo, que se segue a nutrir. 

As obras adquiridas para os fondos do museo pertencen a todos os galegos e galegas. A ledicia desta noticia radica en que se segue a traballar por un punto importante de referencia no panorama artístico nacional: Galicia non se pode permitir deixar afundir unha institución como esta. Non precisamos de máis obras pétreas nin faraónicas. Xa temos espazos capacitados para albergar o que será a vara de medir das nosas capacidades de pensar e expresarnos para as xeracións futuras. Dicirlles que esto é o que había, o que estaba pasando, a beleza que nos pertenceu e que agora é vosa e será dos vosos fillos e netos. Espazos de libre pensamento,de cuestionamento, de educación, de coñecemento e desenrolo. Porque a arte é unha canle que non ten reglas e que pode, mediante a beleza ou a carencia da mesma, expresar sentimentos universais. E se agora son de descontento e incluso ata dun pouco de abatemento, pois que sexan.

http://cgac.xunta.es/noticia-detalle/83/PR%C3%93XIMA-INAUGURACI%C3%93N-1-DE-MARZO.-COLECCI%C3%93N:-ADQUISICI%C3%93NS-E-INCORPORACI%C3%93NS-RECENTES
compartir en facebook
compartir en twitter
Bookmark and Share
PUBLICADO POR Vanesa Iglesias el 24/02/2013
Agenda, Arte

La revista Dot: nace como una necesidad de dar a conocer lo más relevante en el panorama artístico y cultural de Galicia. Una guía útil, pero sobre todo eficaz, para los que viven aquí y los que vienen por primera vez, cuya intención es dar a conocer todo lo que se puede hacer y en dónde se puede hacer.  Cada dos meses, os presentamos en una tirada en papel de 12.000 ejemplares distribuidos en casi 1000 puntos de distribución ... leer más

Suscríbete a nuestro boletín semanal y recibe nuestras recomendaciones semanales en tu correo
A Coruña | Ourense | Pontevedra | Santiago | Vigo
DOT MAGAZINE © 2017 · Todos los derechos reservados · Dot: está editada por ChaChaChaStudio | Aviso Legal | Panel de redactores
Irmandiños 8, 4ºA, 36201 Vigo (SP) | T. +34 692 140 602 | info@dotgalicia.com