O ÚLTIMO ATARDECER NO GAIÁS


Primeira cuestión. Traxecto Pontevedra-Monte Gaiás (Santiago de Compostela)? Por suposto, por estrada nacional. Son dos que se negan a usar a AP-9 sempre que as condicións mo permiten. Estou cansado, xa, de que me tomen o pelo. Supoño que esta é outra desas cousas polas que teño que dar as gracias a Fraga e demais cuadrilla popular. En fin… en lugar dos trinta minutos que me levaría pagando a peaxe (incrementado recentemente pola suba do IVE deste goberno), unha hora, polo que me deu tempo de escoitar máis dun cd no coche.
 
Ás 20:30h., despois de ter comprobado o mal sinalizado que está o acceso a eso que chaman Cidade da Cultura (non resulta irónico?), cheguei ao monte e vin, de novo, ese estúpido conxunto de edificios sen rematar. Aparquei e fun directo para o lugar do concerto. Atravesamos ese corredor onde se atopa a cafetería e a escultura centrífuga de libros e vimos o escenario, fronte a unha das paredes en rampa. A xente descansaba nos típicos pufs e botei un ollo en busca dalgún libre. Localicei uns que outros viran antes e cambiei o meu rumbo. Volveron a anticipárseme dúas rapazas que lle preguntaron a un rapaz "Podemos collelos?". Recibiu un "No", claro. Pero que significa esto? Que un capullo (con toda a súa cara dura) pode chegar e coller os asentos que queira para outros capullos que aínda non están alí mentres eu ou esas rapazas nos temos que sentar no chan aínda chegando con media hora de antelación? É a proba de que moitas veces é mellor non preguntar…
 
Co cú no duro chan agardei uns minutos ata que Galis 115 se deixou ver encima das táboas preparado para atacar a súa mesa de misturas. Xa o tiña visto no segundo e último Sónar Galicia pero non quedaba na miña memoria nin unha soa lembranza da súa sesión. Acaba de ler que facía non só ambientes sonoros senón tamén sensoriais e non sei se con esto último estou moi dacordo pero o certo é que non estivo mal. Con samplers de vellas cancións coñecidas (que facía tempo que non escoitaba) e efectos de colleita propia (?), o vigués amenizou con eficacia o previo do concerto que me levou a viaxar ata Compostela. Cincuenta minutos de electrónica hip-hop de ambientes grises e tonos baixos que comezaron e acabaron cun texto que facía referencia a Einsman e ao seu traballo (teño a esperanza de que fóra irónico).
 
Ás 22:00h., con puntualidade británica, Jonquil saían a escea comandados polo xenial Chad Valley. Voz e teclado, trompeta e sintetizadores, guitarra, baixo e batería.
Recoñezo que só escoitara un par de veces a esta banda e máis concretamente o seu "Point Of Go" (2012) que, por certo, viñan a presentar pero a verdade é que me resultaron bastante gratos. Entre unha voz divertida, unhas percusións espídicas, uns ventos de trompeta elegantes e algúns punteos finos das cordas, as cancións foron pasando unha tras outra, breves, concisas, directas, pegadizas, con moito ritmo, para un verán que acaba e un outono que comezará.
Que vitalidade! Que alegría! - pensaba eu mentres a música me entraba.
Cun toque claramente tropical, xogaban tamén de fondo co compoñente folk con base electrónica. Dez cancións máis un bis que se daban ás palmas, á apertura de brazos e á mirada ao ceo.
Two Door Cinema Club, Extraperlo, Givers ou Clive Tanaka y su Orquesta viñéronseme á mente en diferentes momentos… tamén The XX pero esta vez de forma obrigada cando fixeron un cover dun dos seus singles, na que transformaron a tristeza, a melancolía e ese intimismo en ledicia, con toques jazzísticos ao xeito Destroyer.
Inexplicablemente (polo menos para min), algunhas persoas abandoraron o lugar antes do fin do concerto… e outros falaban en voz demasiado alta, como se estivesen nun pub…
Jonquil son perfectos para o novo guateque da mocidade xunto ao mar, nunha desas vilas que adornan as súas rúas e prazas con bombillas de cores. Fan que a vida pareza alegre, o amor algo real e a crise algo sen importancia… polo menos ata que paran de tocar.
 
En definitiva, o do sábado foi un peche idóneo do ciclo Atardecer no Gaiás, un show que mereceu a pena sen ser memorable pero tampouco facilmente esquecible.
 
  
compartir en facebook
compartir en twitter
Bookmark and Share
PUBLICADO POR Jose Angel Lopez el 10/09/2012
Música

La revista Dot: nace como una necesidad de dar a conocer lo más relevante en el panorama artístico y cultural de Galicia. Una guía útil, pero sobre todo eficaz, para los que viven aquí y los que vienen por primera vez, cuya intención es dar a conocer todo lo que se puede hacer y en dónde se puede hacer.  Cada dos meses, os presentamos en una tirada en papel de 12.000 ejemplares distribuidos en casi 1000 puntos de distribución ... leer más

Suscríbete a nuestro boletín semanal y recibe nuestras recomendaciones semanales en tu correo
A Coruña | Ourense | Pontevedra | Santiago | Vigo
DOT MAGAZINE © 2017 · Todos los derechos reservados · Dot: está editada por ChaChaChaStudio | Aviso Legal | Panel de redactores
Irmandiños 8, 4ºA, 36201 Vigo (SP) | T. +34 692 140 602 | info@dotgalicia.com