O LAV013 abre a inscrición en dez cursos de formac
del 10/12/2012 al 01/02/2013
del 16/02/2013 al 17/02/2013 en LAORATORIO AUDIOVISUAL DE VEDRA

O LAV013, Laboratorio Audiovisual de Vedra, volve en febreiro cun formato renovado que mantén o obxectivo de ofrecer de novo ferramentas de formación en audiovisual dirixidas a afeccionados e profesionais. Na fin de semana do 16 e 17 de febreiro desenvolveranse en Vedra os dez obradoiros destas VI Xornadas de Formación e Mostra Audiovisual. A fin de semana seguinte celebrarase por primeira vez o RevoLAV: unha xornada dedicada ao intercambio de materiais e coñecementos prácticos para o cambio social, con mercado de troco, charlas informativas, proxeccións, actuacións etc.
A Asociación Senunpeso abriu xa o prazo para inscribirse nas 150 prazas dispoñibles en total nos dez obradoiros desta sexta edición. No programa de obradoiros segue habendo oco para cursos de iniciación e outros máis técnicos sobre aspectos específicos. Este ano dedícaselle máis atención aos formatos online e apóstase pola formación dirixida á autosuficiencia e ao uso social e reivindicativo dos medios audiovisuais. Así, o LAV013 inclúe os seguintes obradoiros:

  • vídeo de combate
  • loita escénica
  • o intérprete ante a cámara
  • documental web
  • podcast e radio en Internet
  • dirección artística low cost
  • marketing de guerrilla
  • videoclips
  • son en producións audiovisuais
  • obradoiro para alumnado da ESO

Todos os cursos teñen unha duración de 14 horas repartidas entre o sábado 16 e o domingo 17 de febreiro. Hai 15 prazas dispoñibles en cada curso, cun custe de 50 € para cada alumno ou alumna. A matrícula formalízase on line antes do 1 de febreiro a través da páxina web da asociación: www.senunpeso.org
Na súa sexta edición, o LAV é xa un referente na formación audiovisual non regrada en Galicia, ofrecendo un programa moi completo que ten por obxectivo fomentar a creatividade entre afeccionados e profesionais e promover o uso social das ferramentas audiovisuais.
O obradoiro de vídeo de combate pretende sentar as bases de como empregar o audiovisual para lanzar unha mensaxe clara, efectiva e con poucos recursos para informar, divulgar e denunciar apoiándose nas novas tecnoloxías. Está dirixido a asociacións, colectivos e persoas que queiran elaborar vídeos atractivos e dinámicos. Ensinarase desde como planificar o traballo, a como gravar para comunicar, editar e logo comprimir para Internet. Estará impartido polo realizador Roi Guitián e a xornalista María Lobo, con experiencia en vídeo participativo e con ONGs.
No obradoiro de videoclips abordarase a historia do formato e a súa metodoloxía de traballo. Traballarase cun caso real: desde a idea, a partir da música, ao desenvolvemento de toda a preprodución, co obxectivo de que ao remate do taller o alumnado conte coas ferramentas para a produción dos seus propios vídeos musicais. A cargo do curso estarán Juan Lesta e Belén Montero (Esferobite), que realizaron clips para artistas como Fangoria, La Buena Vida, Astrud e para as principais discográficas independentes españolas, ademais de dar clases neste ámbito en varios cursos universitarios. Con María Yáñez, xornalista, produtora e investigadora, especialista en contidos web e narrativas dixitais, introducirémonos nun novo formato: o documental web. Os participantes no obradoiro aprenderán a identificar e incorporar nos documentais para internet mecanismos da linguaxe da web: hipertextual, non lineal, espacial, inmersiva, interactiva e participativa.
Dun xeito práctico achegaranse ao proceso creativo necesario para un webdocumental: da idea inicial ao prototipado, do prototipo á identificación de recursos para a produción e o desenvolvemento e edición da web. O taller está destinado a todo tipo de creadores audiovisuais, dende realizadores, guionistas ou xornalistas a todas aquelas persoas interesadas en contar historias de maneira diferente.
E con Uxío Broullón, deseñador e responsable do podcast “Commons Baby!” achegarémonos ao podcast e radio online. O obxectivo deste obradoiro é aprender a facer a túa propia “radio” ou “espazo radiofónico” por internet. Contará cunha parte teórica onde se explicará como funcionan os dous xeitos de “emitir” na rede: en streaming e en podcasting; e unha terceira práctica no que se traballará todo o proceso de creación dun podcast ou falangullo, desde a concepción do mesmo até a publicación e difusión final. Dominio de ferramentas.
A interpretación segue a ter un oco importante no programa do LAV, con dous obradoiros: loita escénica e interpretación diante da cámara.
Ademais, programamos cursos de son para producións audiovisuais e ferramentas na busca da autosuficiencia: márketing de guerrilla e dirección artística low cost. O obradoiro de interpretación diante da cámara estará conducido polo actor Francisco Olmo. Estar ante a cámara é, ás veces, o maior hándicap para a actuación. Neste taller ensaiarase como convertela nunha aliada mediante técnicas de relaxación, contención e distancia, e a través de pequenos monólogos, accións UaaceDoxccnathpmnhoeriaroege sPadlO irLaaó abósong lpspsoa e rr esSzoe aá rpcdlenuloeoacrs chMsdtcoaeeiasszó nS ,nmb idelsávseá,si poitaisice ,p R oncSoeisoaasc vrpl oidaiasrde rtdooa agsus eoaa eDnslsnp i ecatdeesaresacri,so etgltr onaedoir aeat sfsa níue sdoc nidoec éos onpk o teeiba nl talcea,l soxeeltlrarn óeee srdne óei e dngves earcii cona relrláfioneeoc iaaani tdasccac ericis óaoe iilónm bsoenc aindpté ca aelntie aeoesissac se.s taccsoré,uio nnqne xeuinece enctale ia tapelsresnra, v.oc t fiaadsilríiumdáóc anedis.óse ,O n s
audiovisuais. Neste curso identificaranse todos os procesos de son dentro dunha produción audiovisual. Dende o deseño sonoro na preprodución, ata a súa emisión en cine ou televisión, pasando pola rodaxe e pola sala de posprodución, co fin único que os alumnos e alumnas sexan quen de abordar a súas propias producións audiovisuais, sendo coñecedores e autosuficientes dentro do apartado de son. No obradoiro, teórico e práctico, abordarase a análise e deseño sonoro, a captación de audio e a postprodución en estudio. Se tes unha idea ou proxecto, pero non dispós de fondos para contratar servizos profesionais de marketing e comunicación para dalo a coñecer do xeito que se merece, pode serche moi útil o curso de Marketing de guerrilla pra proxectos audiovisuais que ofrecerá Iñaki Quenerapú. Nel achegará técnicas esenciais de mínimo investimento para escoller o mellor nome para o teu proxecto; dotalo dunha identidade propia e atractiva; proxectar de ti, do teu equipo e da túa compañía unha imaxe gañadora; ter presenza favorecedora en Internet; e promocionar e popularizar as túas ideas e proxectos aproveitando a viralidade das redes sociais dixitais. En definitiva, crear, manter e controlar unha imaxe de marca eficaz e positiva. Nas próximas días concretaremos o programa e quen impartirá os obradoiros de dirección artística low cost, para o que aínda non está aberta a inscrición.
Taller dirixido ao alumnado de ESO Un ano máis, o LAV ofrece un obradoiro de balde para alumnado da ESO interesado no audiovisual. O obxectivo é proporcionarlle unha visión de primeira man participando na elaboración dunha curtametraxe. O curso terá dúas fases: unha de preprodución e outra de rodaxe e edición. Na primeira procurarase que todos os alumnos e alumnas teñan unha visión o máis ampla posible das distintas facetas, tanto artísticas coma técnicas, que interveñen na realización dunha curta: son, iluminación, dirección, produción, fotografía, planificación da rodaxe, etc. Deseguido levarase adiante a rodaxe e edición da peza. O profesor será Luqui Matthews, que dirixe dende 2003 Espazo Aberto Galiza Filmes.

Máis información en: www.senunpeso.org

compartir en facebook
compartir en twitter
Bookmark and Share
PUBLICADO POR Dot: el 12/12/2012
Agenda, Arte, Cine, Diseño, Radio

La revista Dot: nace como una necesidad de dar a conocer lo más relevante en el panorama artístico y cultural de Galicia. Una guía útil, pero sobre todo eficaz, para los que viven aquí y los que vienen por primera vez, cuya intención es dar a conocer todo lo que se puede hacer y en dónde se puede hacer.  Cada dos meses, os presentamos en una tirada en papel de 12.000 ejemplares distribuidos en casi 1000 puntos de distribución ... leer más

Suscríbete a nuestro boletín semanal y recibe nuestras recomendaciones semanales en tu correo
A Coruña | Ourense | Pontevedra | Santiago | Vigo
DOT MAGAZINE © 2017 · Todos los derechos reservados · Dot: está editada por ChaChaChaStudio | Aviso Legal | Panel de redactores
Irmandiños 8, 4ºA, 36201 Vigo (SP) | T. +34 692 140 602 | info@dotgalicia.com