MINHO REGGAE SPLASH 2011
del 08/07/2011 al 09/07/2011 en VILA NOVA DE CERVEIRA (PORTUGAL)
Este 8 e 9 de xullo chega o II Minho Reggae Splash cun cartel de luxo: os Emeterians, One Love Family e Rutera, ademais de espectáculos de rúa, escalada, andaina natural, obradoiros. Dúas noites e un día de actividades e moita música, con acampada, na localidade lusa de Vila Nova de Cerveira.
 
O Minho Reggae Splash estase a converter nun dos festivais de referencia nas dúas beiras do Miño. O segundo fin de semana de xullo Vila Nova de Cerveira será a capital do Reggae, e por segundo ano consecutivo. Máis artistas, máis actividades e tamén máis comodidades, que terán como prato forte os concertos con bandas consolidadas de España, Portugal e Brasil.

Dende Brasil, os Rutera presentarán o seu traballo “Fogo do Criador”, eloxiado como un dos grandes lanzamentos na escena Reggae de Brasil. Sons de raíz xamaicana e africana que se fusionarán coa música dos lusos One Love Family. Transmitindo paz
e armonía dende hai máis dunha década, esta familia conta con músicos que van dende 10 ata 49 anos, dende o fillo máis pequeno ata o pai, voz principal dos One Love. E dende Madrid chegan os Emeterians, unha auténtica Big Band de 10 músicos que conta con un fermoso trío vocal.
 
O sábado serán os concertos pero o venres xa arrancará o festival na Praia Fluvial da Lenta, con espectáculos e sound system e o nove pola mañá, as primeiras actividades: deportes, obradoiros, exhibicións...

Achegádevos o Minho Reggae Splash en Vila Nova de Cerveira, un fin de semana único.

www.minhoreggaesplash.com

Entradas Anticipadas en:
www.laboleteria.es
 
compartir en facebook
compartir en twitter
Bookmark and Share
PUBLICADO POR Javier Vicente el 05/07/2011
Agenda, Música, Danza

La revista Dot: nace como una necesidad de dar a conocer lo más relevante en el panorama artístico y cultural de Galicia. Una guía útil, pero sobre todo eficaz, para los que viven aquí y los que vienen por primera vez, cuya intención es dar a conocer todo lo que se puede hacer y en dónde se puede hacer.  Cada dos meses, os presentamos en una tirada en papel de 12.000 ejemplares distribuidos en casi 1000 puntos de distribución ... leer más

Suscríbete a nuestro boletín semanal y recibe nuestras recomendaciones semanales en tu correo
A Coruña | Ourense | Pontevedra | Santiago | Vigo
DOT MAGAZINE © 2017 · Todos los derechos reservados · Dot: está editada por ChaChaChaStudio | Aviso Legal | Panel de redactores
Irmandiños 8, 4ºA, 36201 Vigo (SP) | T. +34 692 140 602 | info@dotgalicia.com