Marcos Calveiro e Pinto & Chinto na White Ravens
Dende hai varios anos, a Internationale Jugend Bibliothek de Múnic selecciona, de entre os milleiros de libros infantís e xuvenís publicados cada ano, 250 libros infantís e xuvenís en máis de 30 idiomas e duns 50 países distintos para organizar a exposición The White Ravens, que ten lugar cada ano na Fiera del Libro per Ragazzi de Bologna, a feira de literatura infantil e xuvenil de maior relevancia e prestixio internacional.

Este ano, entre as obras honradas nesta lista están dous libros galegos, Contos para nenos que dormen deseguida, de Pinto & Chinto, editado por Kalandraka, e O pintor do sombreiro de malvas, de Marcos Calveiro, editado por Xerais.
compartir en facebook
compartir en twitter
Bookmark and Share
PUBLICADO POR Sabela González el 24/03/2011
Literatura

La revista Dot: nace como una necesidad de dar a conocer lo más relevante en el panorama artístico y cultural de Galicia. Una guía útil, pero sobre todo eficaz, para los que viven aquí y los que vienen por primera vez, cuya intención es dar a conocer todo lo que se puede hacer y en dónde se puede hacer.  Cada dos meses, os presentamos en una tirada en papel de 12.000 ejemplares distribuidos en casi 1000 puntos de distribución ... leer más

Suscríbete a nuestro boletín semanal y recibe nuestras recomendaciones semanales en tu correo
A Coruña | Ourense | Pontevedra | Santiago | Vigo
DOT MAGAZINE © 2017 · Todos los derechos reservados · Dot: está editada por ChaChaChaStudio | Aviso Legal | Panel de redactores
Irmandiños 8, 4ºA, 36201 Vigo (SP) | T. +34 692 140 602 | info@dotgalicia.com