IlustraDots na 1ª Mostra Internacional de Ilustrac
del 21/03/2017 al 25/06/2017 en AUDITORIO DE GALICIA, SANTIAGO
Producida polo Auditorio de Galicia e comisariada por Matilde Rodríguez, MiiC é a primeira Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea de Galicia. Unha exposición colectiva de máis dun centenar de pezas representativas do que se está a facer dentro da área da ilustración de vangarda a nivel mundial.
 
A mostra resalta o valor da ilustración como medio de expresión creativa de moitos artistas contemporáneos, constituíndose como unha das ramas de comunicación máis libres e imaxinativas que existen. Un elemento que admite un amplo abanico de técnicas e soportes e que, ademais, está sempre en constante evolución, o que provoca que se adapte facilmente ás novas tecnoloxías.
 
A través da MiiC achegarémonos ao traballo máis creativo dalgúns dos artistas máis influentes deste século, ao mesmo tempo que descubriremos proxectos novos que están a despuntar dentro do panorama actual, especialmente en Galicia, onde temos a sorte de contar cunha gran xeración de novos artistas que marcan tendencia tanto dentro como fóra da comunidade.
 
No noso caso fomos invitados a formar parte da mostra comisariando unha sala na que teremos unha exposición cunha peza de cada un dos ilustradores que participaron no volume 1 e neste segundo volumen 2. Preto de 100 pezas doutros tantos #ilustradores galegos que comparten mostra xunto artistas da talla de Gary Baseman, Sergio Moura ou Nobrow entre outros. 
 
A inauguración será este #Martes 21 de Marzo ás 20:00h. Estades todos convidados!!
 
Artistas e proxectos que participan:
Guía Ninja do Ilustrador (AGPI) / Cinta Arribas / Carlos Arrojo / Arnal Ballester / Gary Baseman / Los Bravú / Marina Capdevila / Eme / Cristóbal Fortúnez / Ilustradores a la mesa / IlustraDots / José Ja Ja Ja / Jano / Martin Jarrie / Martín López Lam / Pepe Medina / Sergio Mora / Nobrow / Sara Pazos / David Sierrra / Alberto Vázquez
 
Permanecerá aberta ata o 25 de xuño
compartir en facebook
compartir en twitter
Bookmark and Share
PUBLICADO POR Dot: el 19/03/2017
Agenda, Ilustración

La revista Dot: nace como una necesidad de dar a conocer lo más relevante en el panorama artístico y cultural de Galicia. Una guía útil, pero sobre todo eficaz, para los que viven aquí y los que vienen por primera vez, cuya intención es dar a conocer todo lo que se puede hacer y en dónde se puede hacer.  Cada dos meses, os presentamos en una tirada en papel de 12.000 ejemplares distribuidos en casi 1000 puntos de distribución ... leer más

Suscríbete a nuestro boletín semanal y recibe nuestras recomendaciones semanales en tu correo
A Coruña | Ourense | Pontevedra | Santiago | Vigo
DOT MAGAZINE © 2017 · Todos los derechos reservados · Dot: está editada por ChaChaChaStudio | Aviso Legal | Panel de redactores
Irmandiños 8, 4ºA, 36201 Vigo (SP) | T. +34 692 140 602 | info@dotgalicia.com