festival sinsal: sinsal é normal
O Festival Sinsal X continúa!!!! O espíritu do Club Sinsal celebrado o pasado mes de Abril no Marco de Vigo trasladase agora ó Espacio Normal de A Coruña.

Aquí tedes máis información sobre as diferentes actividades que incluen esta nova edición do festival Sinsal ó longo dun mes a partir do próximo mércores 24 de outubro:

"Ao longo dun mes de programación, con case vinte actividades proxectadas, o Festival SINSAL É NORMAL organizará diferentes espazos de creación onde a música conectará con outras disciplinas: o cine doméstico, a fotografía, a literatura, o coleccionismo, a arte plástica, a danza, a radio, o vídeo, etc. Todas as artes terán o seu punto de encontro en sucesivas aparicións dentro dos escenarios: Laboratorio; Super8, Escritorio, Escola Sinsal, Performances, Club Sinsal, etc. Diferentes nomes dun único festival: SINSAL É NORMAL.

SINSAL É NORMAL non é un festival pechado. Nace co obxectivo principal de unir públicos. Persoas que non están interesadas na música, poden participar nunha experiencia diferente aportando o seu soporte visual. Por iso, varios dos escenarios están abertos á participación pública. O escenario de música ambiental (ou experimental) pode ser a banda sonora perfecta para acompañar a eses negativos de fotografía gardados na casa que positivaremos outra vez en directo. Por outra banda, se o interese está no cine doméstico, coleccionaremos películas de Super8 familiares que proxectaremos mentres grupos locais interpretan a súa música. En cada unha destas actividades, as persoas poderán participar aportando o seus negativos de fotografía ou películas de Super8, segundo unha convocatoria aberta a toda a cidadanía.
"

Descargate dende aquí o programa de actividades:

http://festival.sinsalaudio.es/IMG/pdf/Folleto_SinsaleNormal.pdf


+ info 
http://festival.sinsalaudio.es/Sinsal-e-Normal

http://www.facebook.com/FestivalSinsal


compartir en facebook
compartir en twitter
Bookmark and Share
PUBLICADO POR Uka el 22/10/2012
Arte, Música, Video, Literatura, Radio

La revista Dot: nace como una necesidad de dar a conocer lo más relevante en el panorama artístico y cultural de Galicia. Una guía útil, pero sobre todo eficaz, para los que viven aquí y los que vienen por primera vez, cuya intención es dar a conocer todo lo que se puede hacer y en dónde se puede hacer.  Cada dos meses, os presentamos en una tirada en papel de 12.000 ejemplares distribuidos en casi 1000 puntos de distribución ... leer más

Suscríbete a nuestro boletín semanal y recibe nuestras recomendaciones semanales en tu correo
A Coruña | Ourense | Pontevedra | Santiago | Vigo
DOT MAGAZINE © 2017 · Todos los derechos reservados · Dot: está editada por ChaChaChaStudio | Aviso Legal | Panel de redactores
Irmandiños 8, 4ºA, 36201 Vigo (SP) | T. +34 692 140 602 | info@dotgalicia.com