Festival de Cans: Pedigree 2011

A actriz María Pujalte recibirá este ano o premio de honra Pedigree'11, co cal o Festival de Cans, que celebrará a súa oitava edición en maio, recoñece a súa traxectoria dende os seus inicios no audiovisual galego.

Por outra banda, o actor e presentador lucense Roberto Vilar, director e presentador do programa Land Rober, da TVG, que acadou a fama en Galicia grazas á súa participación no dúo cómico Os Tonechos, recibirá un dos chimpíns de prata desta edición polo seu apoio ao Festival. O outro chimpín de prata co que o Festival recoñece o apoio recibido será para o veciño Serafín Campos Bargiela, un dos condutores que máis se esforza ano tras ano na decoración do seu chimpín.

 


No Festival de Cans xa se está a traballar na selección da programación para este ano entre as 71 curtas e 50 videoclips de produción galega recibidos para esta vindeira edición, que celebra as producións galegas nun entorno de agroglamour e festa que supón unha cita ineludible na nosa comunidade. Como novidade, a oitava edición do Festival contará por primeira vez cunha revista oficial, o Canzine.

compartir en facebook
compartir en twitter
Bookmark and Share
PUBLICADO POR Sabela González el 24/03/2011
Cine

La revista Dot: nace como una necesidad de dar a conocer lo más relevante en el panorama artístico y cultural de Galicia. Una guía útil, pero sobre todo eficaz, para los que viven aquí y los que vienen por primera vez, cuya intención es dar a conocer todo lo que se puede hacer y en dónde se puede hacer.  Cada dos meses, os presentamos en una tirada en papel de 12.000 ejemplares distribuidos en casi 1000 puntos de distribución ... leer más

Suscríbete a nuestro boletín semanal y recibe nuestras recomendaciones semanales en tu correo
A Coruña | Ourense | Pontevedra | Santiago | Vigo
DOT MAGAZINE © 2017 · Todos los derechos reservados · Dot: está editada por ChaChaChaStudio | Aviso Legal | Panel de redactores
Irmandiños 8, 4ºA, 36201 Vigo (SP) | T. +34 692 140 602 | info@dotgalicia.com