CASA PONTE


Un dos meus lugares favoritos en Coruña para ir tomar un viño, unha cervexa ou para picar uns pinchos e racións é o Casa Ponte. A escasos cinco minutos de onde eu vivía está este bar-restaurante de estilo "dos de toda a vida" pero con ese aire boho-chic tan próximo á modernidade. No nº 95 da Rúa Juan Flórez, a un minuto da Praza de Vigo, na rúa de abaixo desa bifurcación á altura das oficinas da Caixa galega que tantas veces mudou o seu nome. Uns barriles fóra, na fachada, anticipan que estamos ante unha taberna onde predomina a madeira, a luz de intensidade baixa e a calidade no comer e beber. 

Está clarísimo que o aspecto por sí mesmo é algo que xa engancha deste sitio, as cousas como son, o respeto pola tradición e por unha estética coidada pero consciente do paso dos anos, fan que as persoas ás que nos gustan os locais con autenticidade acudamos sen dubidalo. Casa Ponte divídese en dúas partes ou zonas de vida: bar e restaurante (ambas conectadas). O bar está segundo entras, cunha barra cómoda e mesas altas enfronte para tapear e cañear. O restaurante (ou zona de mesas para comer ou pinchar…) encóntrase na parte traseira e conta con pouco máis de seis mesas (algunhas delas altas tamén). O exterior supón unha continuidade do bar, sobre todo en épocas do ano no que o clima o permite (e en inverno tamén, non queda outra coa acertada -para min- lei antitabaco).

A carta de comida é bastante interesante e apropiada no tamaño. A de viño, moi curiosa, coas principais referencias galegas e españolas. Exemplos? Rulo de queixo de cabra, patacas bravas (ou moi bravas), croquetas de bertorella, tostas de zorza, calamares á andaluza, anchoas, zamburiñas ao forno ou á prancha, setas con roxóns, solombo de porco con salsa da casa, polo crocante con mel e mostaza, solombo de avestruz con salsa de Oporto, tiramisú, torta de queixo e demáis postres da casa. O seu servizo e o persoal é moi correcto, amable, amigable, distendido, e esto dalle xusto o toque que este tipo de negocio necesita. Se queredes saber máis, teredes que ir e descubrilo por vós mesmos. 

Casa Ponte é un lugar no que se está moi ben, ideal para visitar a calquer hora do día, sobre todo con dous ou tres amigos/as cos que poder manter unha charla animada. 

Se tivese que elixir un bar de Coruña, sería este.

compartir en facebook
compartir en twitter
Bookmark and Share
PUBLICADO POR Jose Angel Lopez el 04/10/2012
Gastronomía

La revista Dot: nace como una necesidad de dar a conocer lo más relevante en el panorama artístico y cultural de Galicia. Una guía útil, pero sobre todo eficaz, para los que viven aquí y los que vienen por primera vez, cuya intención es dar a conocer todo lo que se puede hacer y en dónde se puede hacer.  Cada dos meses, os presentamos en una tirada en papel de 12.000 ejemplares distribuidos en casi 1000 puntos de distribución ... leer más

Suscríbete a nuestro boletín semanal y recibe nuestras recomendaciones semanales en tu correo
A Coruña | Ourense | Pontevedra | Santiago | Vigo
DOT MAGAZINE © 2017 · Todos los derechos reservados · Dot: está editada por ChaChaChaStudio | Aviso Legal | Panel de redactores
Irmandiños 8, 4ºA, 36201 Vigo (SP) | T. +34 692 140 602 | info@dotgalicia.com